Saltar la navegación

INICIO

O proxecto “integración dun espazo maker na aula de primaria” xorde como unha proposta didáctica para o alumnado de 6º de educación primaria para desenvolver e potenciar iniciativas formativas no marco do ámbito STEAM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-arte-matemáticas). Para isto, utilízase cada un destes enfoques na realización práctica de 6 pequenos proxectos en formato ODE (Obxecto Dixital Educativo) onde o alumando terá que elaborar unha produción material de deseño propio atendendo ás premisas e obxectivos de cada un. Esta proposta está enfocada para aqueles centros que xa tiveron un primeiro contacto co mundo da robótica educativa a través dos distintos proxectos da Xunta de Galicia.