Saltar navegación

Os músculos no aparato locomotor

Os músculos

Como nos movemos?

A contracción e extensión dos músculos vai provocar os movementos das articulacións.

Os músculos están unidos aos ósos nas articulacións mediante tendóns, polo tanto, tódalas accións e movementos van a implicar a intenvención activa de músculos e activa ou pasiva de ósos.

https://es.wikipedia.org (Dominio público)

Na táboa seguinte podes observar algunhas accións que realizas diariamente e o grupo de músculos e ósos que interveñen:

Acción  Grupo de músculos Grupo de ósos
Dobrar a perna polo xeonllo Bíceps femoral e xemelgos Fémur-rótula-tibia e peroné
Mastigar Maseter Maxilar e mandíbula
Abrir e pechar os labios (beizos)
Orbiculares dos labios (beizos)
Non sería necesaria a intervención activa de ósos
Pregar o entrecello Frontal Non sería necesaria a intervención activa de ósos
Darlle unha patada ao balón Glúteos, xemelgos e cuadríceps Coxal - Fémur - Rótula - Tibia - Peroné - Tarsos  - Metatarsos
Facer flexións pola cintura Abdominais  Columna vertebral - Coxal
Abrir e pechar os ollos Orbiculares dos ollos Non sería necesaria a intervención activa de ósos
Escribir Flexores e extensores dos dedos Radio - Cúbito - Carpos - Metacarpos
Abrazar a un amigo ou amiga Pectorais e dorsais Columna vertebral - Costelas - Esterno