TECENDO CÓDIGO
Materiais téxtiles e fabricación
- Crea un tecido de calada con ligamento tafetá seguindo as instrucións do pdf que se che achega.
Crea un tecido de calada con ligamento sarga seguindo as instrucións do pdf que se che achega.
Crea un tecido de calada con ligamento raso seguindo as instrucións do pdf que se che achega.
A actividade que che propoñemos é realizar un Proxecto dun marcapáxinas, unha pulseira,un pousavasos, unha funda de móvi .....Utilizando o tear. Para iso debes seguir os seguintes pasos:
- Ficha técnica do proxecto. (Se adxunta ficha técnica en pdf).
- Traballo de taller REALIZAR o tecido.
Tira do fío
(ligazóns para aprender máis)
Blogue de contido etnográfico, no que se explican os aparellos empregados para tecer
Instrucións para facer un tear sinxelo, no que os fíos de urdime sepáranse mediante cravos
Titoriais explicativos dos conceptos básicos dun tear dos que nos partimos para construír o noso pequeno tear.
Na ficha que achegamos tes que pegar unha serie de tecidos, completa na ficha as súas propiedades físicas e características de cada tecido.
A actividade que propoñemos é moi sinxela. Vas analizar as etiquetas da roupa que levas hoxe posta. Completa o documento
Tira do fío
(ligazóns para aprender máis)
Páxina na que se desenvolve teoricamente os tipos de fíos, como se fan os fíos e os tipos de tecidos básicos
Blogue da empresa Ravanetto onde se detallan as características do poliéster
- Breve descripción de diferentes tipos de tea en E-How
- Recompilación de símbolos que aparecen nas etiquetas que explican como tratar un tecido en casa.
Poñemos en marcha os nosos coñecementos ... Cosemos un botón ... Un automático nesta tea vaqueira.
Descarga o pdf que se achega e realiza as puntadas sen fío que se che indican. Segue as instrucións. Une os puntos marcados pola agulla para identificar o tipo de puntada.
Empezamos a realización do proxecto. Fabricación dun peluche-pantasma. O primeiro será realizar unha proba de coser sen fío nunha cartolina. Tenta pasar a liña coa máquina de coser .
Co selector de puntadas realiza un pano de prácticas. Elixe diferentes tipos de puntadas, así como determina en cada puntada a tensión, lonxitude e anchura. Realiza 10 probas.
Nesta actividade imos coñecer algo máis da máquina de coser. Das puntadas que seleccionaches na práctica anterior escolle unha e estuda que fai a máquina cando modificas a tensión, anchura e longo da puntada.
Seguindo as instrucións do pdf que achegamos. Realiza a pantasma-peluche en tea.
Escolle un patrón e a boneca/animal para o que queres deseñar o teu traxe:
- Mide a túa boneca ou animal e anota as medidas nunha ficha técnica de medidas para patronaxe.
- Abre o patrón en formato vectorial (.svg) e modifica as medidas para que se axusten á ficha de medidas
- Abre a ficha técnica de patronaxe e modifica as medidas.
- Exporta o patrón en pdf e imprime o patrón en papel, recórtao e emprégao para cortar a tela.
- Seguindo as instruccións da ficha técnica cose o traxe.
Garda nesta tarefa o patrón modificado en pdf e unha foto do traxe vestido na modelo.Versión en formato .pdf para descargar e fotocopiar
Patróns en .svg para re-escalar e modificar con Inkscape. O número do patrón corresponde ao número da ficha técnica
Tira do fío
(ligazóns para aprender máis)
Pequena recompilación de vocabulario en galego das costureiras
Blog moi completo con consellos de costura
- EL BLOG DE BOTTON, consellos de costura básicos.
Blog que estudia a fondo as partes dunha máquina de coser Singer
Guía dos símbolos e tipos de puntada das máquinas de coser