TECENDO CÓDIGO
Deseño
Fai un (ou varios) debuxo pixelado nunha folla de cadriños apuntando a súa resolución. O mellor é copiar algo sinxelo vendo en internet. Se non queres pasar moito tempo, unha resolución aproximada de 20x20 píxeles é dabondo. Podes usar cores. Cando remates tes que mostralo na clase a ver se adiviñan cal é o teu debuxo.
Investiga cal é a resolución do teu móbil (se non tes, dos teus pais), da túa TV, do canón de clase e da cámara do móbil.
Usa un buscador de internet como o de Google para buscar fotos dun tema (por exemplo, vestidos dunha deseñadora de roupa famosa). Teñen que ser do mesmo formato de ficheiro (por exemplo, jpg). Busca unha foto de resolución baixa (menos de 100 px por lado), media (menos de 1000 px) e outra de resolución grande (máis de 1000 px). Compara o seu tamaño cando as teñas descargadas, tanto visualmente (tes que abrilas) como en MB ou KB (o tamaño da imaxe depende da súa resolución).
Fai ou copia un debuxo pixelado (por exemplo, o que fixeches no papel). Tes que entregar un ficheiro PNG e apuntar a súa resolución.
Fai ou copia un debuxo pixelado que poida utilizarse como motivo ou patrón para crear un patrón de recheo nun mantel, manta, vestido ou similar. Arriba tes un de exemplo dixital e aquí abaixo unha foto dunha alfombra real. Por suposto podes intentar copiar calquera patrón real que teñas na casa.
Co patrón creado na tarefa anterior tes que cubrir unha superficie, como no exemplo que tes máis arriba. Obviamente podes intentar mesturar varios patróns na mesma imaxe, tal e como se fai nas alfombras, por exemplo.
Fai un GIF animado coma o do space invader. Podes coller o debuxo pixelado, duplicar o frame e modificalo. Pon unha velocidade de animación de 1 FPS (1 fotograma por segundo).
Fai un debuxo pixelado no que uses cando menos 2 capas, Pode ser un debuxo xeométrico ou un debuxo con forma no que unha parte está nunha capa distinta.
- Recheo a imaxe empregando Inkscape
Entregar un ficheiro en formato .png que sexa a superheroína personalizada no traxe e na pel
Entregar un ficheiro en formato .png que sexa unha camiseta personalizada con unhas letras e unha imaxe
- Vestir unha boneca personalizada partindo do ficheiro que achegamos e entregar un ficheiro en formato .png . Lembra que tes que exportar en formato .png (mapa de bits) e non en formato .svg (vectorial)
Entrega un ficheiro en formato .svg que sexa o teu manequín feito con figuras simples.
Entregar un ficheiro en formato .png que sexa un vestido (ou varios) para vestir ao manequín. Ponlle unha pose acorde ao vestido.
Entregar un ficheiro en formato .png que sexa un patrón monocromo que cubra o folio. Podes inventalo ou copialo dun feito.
Entregar un ficheiro en formato .png no que teñas usado un patrón (pode ser baixado de internet) nun debuxo vectorial (tamén pode ser baixado).
Partindo dun patrón crea un mosaico. Entregar un ficheiro en formato .png
Escolle unha persoa, unha boneca e realiza todas as medidas para patronaxe. Indícaas nunha ficha técnica.
Escolle unha prenda de roupa sinxela e, mediante enxeñería inversa, debuxa o patrón para reproducir a peza.
Tira do fío
(ligazóns para aprender máis)
Ferramenta online que permite imprimir un pdf no tamaño que desexes (divide o documento en tantos folios como escollas, deixando incluso marxe para pegar os folios entre si)
Explicación moi detallada de como tomar as diferentes medidas para patronaxe, con vídeos de mostra.
Videotitorias con clases de costura
Programa de software libre para realizar patronaxe (debuxo vectorial dos patróns e escalado das tallas a partir das medidas)
Versión aloxada en github que funciona sen erros en Ubuntu 18 e superiores
Lista de reproducción de Mariana Creativa DIY, con titoriais para Seamly
Unha vez deseñado o patrón base, pódese facer automáticamente os patróns para as demais tallas, cargando en Seamly a táboa de medidas
Lista de reproducción do blogue, con moitos titoriais e patróns.
Blog de costura con consellos e patróns gratuítos.