Patrón/Patroa Local de Pesca

O/a patrón/patroa local de pesca, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación, e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro.

Atribucións

  • Capitán ou patrón e/ou xefe de máquinas, en buques de pesca de ata 12 metros de eslora entre perpendiculares e 100 kW de potencia, ata unha distancia non superior a 12 millas das liñas de base definidas de acordo coa Lei 10/1977, do 4 de xaneiro, sobre mar territorial, cuxa delimitación figura no RD 2510/1977, do 5 de agosto.
  • Xefe de máquinas en buques de pesca de ata 180 kW de potencia.

 

Condicións para a obtención da Titulación

Para a obtención da titulación de patrón/patroa local de pesca, o alumnado deberá:

    • Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos.
    • Superar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.

 

Condicións para a obtención do Título Profesional

  • Ter feitos 18 anos de idade.
  • Dispor dun impreso oficial, expedido por un Centro de Reconoñecemento de Conductores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos exixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir. Este impreso non será necesario si o interesado dispón do certificado médico de aptitude en vigor (expedido polo Instituto Social da Mariña).
  • Haber superado o exame teórico-práctico establecido para o efecto (proba de aptitude).
  • Haber prestado servicio en buques pesqueiros ou auxiliares de pesca ou acuicultura durante un período de 18 meses, dentro do cal polo menos 6 meses deberán ser realizados na sección de ponte de buques pesqueiros con posterioridade á superación da proba de aptitude. Os 12 meses restantes poderán realizarse con anterioridade á celebración da citada proba, debendo cumplirse polo menos 6 deles na garda de máquinas.

 

Condicións de acceso ó curso

Para o acceso ao curso de patrón/patroa local de pesca, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:

    • Ter feitos os 18 anos de idade.
    • Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.

 

Duración do curso

A duración do curso non será inferior a 250 horas lectivas, das cales 130 horas corresponderán á sección de ponte e común e 120 horas para a sección de máquinas.

 

Asistencia ó curso

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

Cando o incumprimento da asistencia supere o 10% das horas lectivas do curso será motivo de baixa no dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.

 

Obxectivos

Sección de PONTE

  • Controlar a navegación e a derrota do buque en todalas condicións.
  • Realizar as operacións de estabilidade, trimaxe e manobra do buque.
  • Organizar e executar as actividades extractivas e de conservación do produto obtido.

 

Sección COMÚN a ponte e máquinas

  • Organizar e controlar a seguranza, a asistencia sanitaria a bordo e a preservación do medio mariño.
  • Realizar unha correcta administración do buque, unha axeitada aplicación das normas laborais e unhas prácticas de traballo seguras a bordo.

 

Sección de MÁQUINAS

  • Realizar a condución e mantemento da planta propulsora do buque.
  • Supervisar e controlar o funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguranza.

 

Programa e Temporalización

Sección de PONTE (90 horas/108 sesións)

Módulo profesional 1

30 sesións

Navegación e comunicación

UD1 – Navegación costeira.

UD2 – Comunicacións.

UD3 – Coñecementos de oceanografía e meteoroloxía da zona.

 

 

Módulo profesional 2

30 sesións

Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes

UD1 – Construción naval e teoría do buque.

UD2 – Estabilidade e estiba do buque.

UD3 – Manobra nos buques de pesca.

UD4 – Regulamentos, sinais e balizamentos.

 

 

Módulo profesional 3

30 sesións

Pesca responsable

UD1 – Bioloxía pesqueira.

UD 2 – Artes e aparellos de pesca.

UD3 – Lexislación pesqueira básica autonómica, nacional e comunitaria.

UD4 – Manipulación da pesca.

UD5 – Conservación dos recursos pesqueiros.

 

Módulo profesional 4

18 sesións

Simulación e/ou prácticas a bordo dun buque de pesca

UD1 – Simulación en pesca e navegación.

UD2 – Programa de prácticas a bordo dun buque de pesca.

Sección COMÚN a ponte e máquinas (40 horas/48 sesións)

Módulo profesional 1

24 sesións

Seguranza marítima e primeiros auxilios

UD1 – Seguridade marítima.

UD2 – Hixiene e primeiros auxilios.

UD3 – Preservación do medio mariño.

 

 

Módulo profesional 2

24 sesións

A administración do buque e lexislación laboral

UD1 – A administración do buque.

UD2 – Prácticas de traballo seguras a bordo.

UD3 – Lexislación laboral aplicable ao sector pesqueiro.

UD4 – A fatiga a bordo.

Sección MÁQUINAS (120 horas/144 sesións)

Módulo profesional 1

84 sesións

Propulsión do buque

UD1 – Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.

UD2 – Motores empregados nos buques, partes principais e funcionamento.

UD3 – Sistemas de alimentación de aire e escape.

UD4 – Combustión. Combustibles.

UD5 – Sistema de alimentación e inxección do combustible.

UD6 – Sistema de lubricación. Lubricantes.

UD7 – Sistema de refrixeración.

UD8 – Condución, mantemento e avarías dos motores.

 

 

Módulo profesional 2

36 sesións

 

Electricidade básica

UD1 – Principios, circuítos e magnitudes eléctricas.

UD2 – Baterías.

UD3 – Servizos eléctricos: conservación e mantemento.

 

 

Módulo profesional 3

24 sesións

Servizos do buque

UD1 – Hidráulica básica.

UD2 – Sistemas hidráulicos do buque.

 

 

Criterios de Organización, Avaliación e Valoración

Sección de PONTE

Exame Teórico

O tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A: consistirá nunha proba de 20 preguntas curtas, que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Regulamentos, sinais e balizamentos

3 preguntas de regulamentos e sinais

2 preguntas de balizamentos

Artes e aparellos

3 preguntas

Navegación costeira

2 preguntas

Bioloxía pesqueira

2 preguntas

Estabilidade e estiba do buque

2 preguntas

Unidades restantes

1 pregunta para cada unha delas

Duración da proba: 60 minutos

Valoración: 4 puntos (dos cales 0,2 puntos corresponden a cada pregunta curta).

Opción B: consistirá nunha proba de 40 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Regulamentos, sinais e balizamentos

5 preguntas de regulamentos e sinais

3 preguntas de balizamentos

Artes e aparellos

6 preguntas

Navegación costeira

4 preguntas

Bioloxía pesqueira

4 preguntas

Estabilidade e estiba do buque

4 preguntas

Unidades restantes

2 preguntas para cada unha delas

Duración da proba: 60 minutos

Valoración: 4 puntos (dos cales 0,1 punto corresponde a cada pregunta tipo test).

Exame Práctico

Valoración: 6 puntos

Consistirá na resuloción dos seguintes supostos prácticos:

 

Duración e Valoración

Resolución dun problema de navegación sobre unha carta do estreito de Xibraltar.

60 minutos

4 puntos

Realización de exercicios de armado e reparación de artes e aparellos de pesca.

10 minutos por alumno/a

2 puntos

Criterios

Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:

  • Ter un mínimo de 2 puntos no exercicio de carta.
  • Ter un mínimo de 1 punto na práctica de artes e aparellos.
  • Responder correctamente 2 preguntas curtas de regulamentos e sinais e 1 pregunta curta de balizamentos, ou ter 3 preguntas tipo test de regulamentos e sinais e 2 preguntas tipo test de balizamentos.
  • Ter como mínimo 2 puntos no exame teórico.
  • Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.

Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerado como «non apto».

 

Sección COMÚN a ponte e máquinas

 

Exame Teórico

O tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. 10 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Seguranza marítima

3 preguntas

Hixiene e primeiros auxilios

3 preguntas

Restantes unidades didácticas

1 pregunta para cada unha delas

Duración: 30 minutos.

Valoración: 6 puntos (dos cales 0,6 puntos corresponden a cada pregunta curta).

Opción B. 20 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Seguranza marítima

6 preguntas

Hixiene e primeiros auxilios

6 preguntas

Restantes unidades didácticas

2 preguntas para cada unha delas

Duración: 30 minutos.

Valoración: 6 puntos (dos cales 0,3 puntos corresponden a cada pregunta tipo test).

Exame Práctico

Valoración: 4 puntos.

Consistirá na realización dos seguintes supostos prácticos:

 

Duración

Realización dunha práctica de primeiros auxilios.

10 minutos por alumno/a

Recoñecemento e uso dalgún dispositivo individual ou colectivo de seguridade.

10 minutos por alumno/a

Valoración e Criterios

Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:

  • Ter como mínimo 1 punto na práctica de primeiros auxilios.
  • Ter como mínimo 1 punto na práctica de seguranza marítima.
  • Ter como mínimo 3 puntos no exame teórico.
  • Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.

Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerado como «non apto».

 

Sección MÁQUINAS

 

Exame Teórico

O tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:

Opción A. consistirá nunha proba de 20 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Propulsión do buque

10 preguntas

Electricidade

6 preguntas

Servizos do buque

4 preguntas

Duración da proba: 90 minutos

Opción B. consistirá nunha proba de 50 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:

Unidades Didácticas

Nº Preguntas

Propulsión do buque

30 preguntas

Electricidade

12 preguntas

Servizos do buque

8 preguntas

Duración da proba: 90 minutos

Exame Práctico

Consistirá na realización dos seguintes supostos prácticos:

 

Duración

Resolución dun suposto práctico de propulsión do buque.

15 minutos por alumno/a

Resolución dun suposto práctico de electricidade básica.

15 minutos por alumno/a

Resolución dun suposto práctico de servizos do buque.

15 minutos por alumno/a

Valoración e Criterios

  • Para aprobar o exame teórico a persoa aspirante terá que responder correctamente 10 preguntas, das cales 5 terán que ser do módulo 1. No suposto de acollerse á opción B, para aprobar o exame o alumnado terá que responder correctamente un 70% das preguntas tipo test (35 preguntas).
  • Para superar o exame práctico é necesario acadar un mínimo de 5 puntos en cada un dos 3 supostos prácticos. A puntuación destes módulos estará comprendida entre 0 e 10 puntos.
  • A persoa aspirante é apta cando supere os dous exámes: teórico e práctico.

 

Normativa