Os alumnos que queiran acceder a un curso distinto de Básico 1 e non o poidan facer certificando coñecementos do idioma a través da Orde do 21 de xuño de 2016 terán que facer a proba de clasificación.
A matrícula para poder presentarse a ditas probas será do 1 ao 7 de setembro.
Por mor do covid-19 farase a matrícula ONLINE, por tanto unha vez cumplimetada a folla de matrícula e efectuado e pago deberedes escanear os documentos necesarios e envialos ao correo da escola: eoi.monforte@edu.xunta.gal
Tras a publicación dos resultados da proba os alumnos terán que facer a través do enlace correspondente a sua preinscrición en liña para o nivel ao que obtiveran acceso.
As probas e a publicación dos resultados serán na sede central da escola: Rúa Calvo Sotelo, 65 (Monforte de Lemos).
Importante: é imprescindible vir ao exame có DNI e o resgardo de matrícula