Proceso de admisión de alumnado 2021/2022

Tal e como establece a lexislación vixente, compartimos este documento no que se indican as vacantes da nosa escola para o vindeiro curso, así como o calendario do proceso e a zona educativa á que pertencemos.

As persoas interesadas en recibir información sobre o noso Proxecto Educativo ou resolver dúbidas, podedes contactar connosco a través do correo electrónico (eei.montedaguia@edu.xunta.gal) ou por teléfono (886.120.960) para tomar nota dos vosos datos e enviarvos os enlaces das videoconferencias que faremos a finais de febreiro.

Lembrámosvos que o prazo ordinario para a admisión é do 1 ao 22 de marzo e que as familias que están matriculadas actualmente na escola non teñen que presentar ningunha documentación para continuar.

Un saudiño!

AnexoTamaño
información admisión.pdf1.7 MB