Caso positivo na aula de 5 anos

Confírmase outro caso positivo na escola, esta vez na aula de 5 anos, que permanece pechada dende hoxe tal e como vos comunicamos onte por medio de AbalarMóbil.

A partir de que o Centro comunique os contactos estreitos deberiades empezar a recibir información dende Sanidade, quen vos dará instrucións para proceder.

Compartimos aquí os dous documentos que envían ao Centro, para a vosa información. ARQUIVOS ACTUALIZADOS ÁS 14:00 HORAS CON NOVA INFORMACIÓN ENVIADA POR SANIDADE.

Moito ánimo, que pasen pronto estes diíñas e para calquera cousa que necesitedes xa sabedes onde estamos!