Procolo Covid

Aínda que estamos en verán, na escola seguimos traballando arreo para adaptarnos á situación actual, intentando ofrecer a todos os membros da nosa comunidade educativa espazos seguros, respectando tamén o benestar psicolóxico e emocional, que nos parece fundamental.

Esta semana os directores e directoras dos centros públicos de Vigo elaboramos un documento consensuado nos claustros e aprobado polo Consello Escolar do Centro, que remitimos á Consellería de Educación e Xefatura Territorial, solicitando máis medios para poder adaptarnos ao protocolo con garantías de seguridade.

Porque unha situación excepcional precisa tamén medidas excepcionais. Non reclamamos máis do que consideramos xusto e necesario.

Enviámosvos unha forte aperta e moitos folgos para esta loita contra o virus. E, xa sabedes... sentidiño e responsabilidade!

 

ENLACE AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA, resolución conxunta das Consellerías de Educación e Sanidade, publicado no Portal de Educación o día 22 de xullo de 2020.

 

ENLACE AO PLAN DE REACTIVACIÓN NO ÁMBITO INFANTOXUVENIL EN RELACIÓN COA INFECCIÓN POLO VIRUS SARS-CoV 2, elaborado en base ás achegas de Política Social, Educación, Familia, Xuventude, Sanidade e Servizos Sociais.