Skip to Content

Benvidos!!

 
Tlf da Escola: 673619767

SEMANA DO LIBRO

Esta semana celebramos o Día do libro, e ademais de elaborar uns marcapáxinas con flores secas, e ler moitos moitos contos no cole, como intentamos facer sempre, tamén creamos un vídeo para recomendar algúns dos que máis nos gustan. Temos a obriga de avisar que somos moi fans dos dinosaurios. Esperamos que o disfrutedes.

Reunión inicio de curso 2023

Xa se aproxima a volta ás aulas, pero antes é preciso preparar os espazos, planificar e tamén volver a atoparnos coas familias, este xoves 7, antes de reencontrarnos todos e todas o luns 11 de setembro.

Cantas ganas temos de volver a vervos e desfrutar de tempo e experiencias xuntas/os!

 

VACANTES CURSO 2023/2024

A escola conta con 20 prazas para alumnado de entre 3 e 6 anos de idade, a distribución de vacantes para o  vindeiro curso é a seguinte:

PERÍODO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O período de admisión de novo alumnado no centro terá lugar entre o 1 e 20 de marzo.

Recordade que debido ó festivo local en Portas, o 20 de marzo non será lectivo.

Baixo a imaxe están dispoñibles o documento necesario para realizar a solicitude de admisión do alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut