Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25.

O prazo é do 1 ao 20 de marzo

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

Opcións de presentación de solicitudes:

  • Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para esta opción é preciso contar coa Chave365 ou certificado dixital.
  • Cubrir a solicitude informaticamente, imprimila e presentala no centro.
  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro. Os impresos son os que, a continuación, se sinalan:

Estes impresos tamén estarán á disposición das familias no centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

PROCESO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO

COMO REALIZAR O  PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO (LAMAS DE ABADE)

O alumnado de 6º de Educación Infantil que desexe reservar praza no seu centro adscrito de primaria (CEIP LAMAS DE ABADE), ten de prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para realizar dita solicitude.

Poderá realizala das seguintes maneiras:

Benvida

Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: VEN A COÑECERNOS!

 

Precisamos alumnado para que non nos pechen!  Sería unha mágoa perder unha escola rural que leva en pé desde 1808. Estamos a tan só 10 minutos de Santiago, contacta con nós e ven a coñecernos!

FROITIÑAS DA NOSA HORTA

Que privilexio poder comer os mirabeles do noso patio. Os observamos, os vimos medrar, saír a flor, cambiar ao froito, madurar... os recollimos, os contamos, os repartimos equitativamente, e por suposto os saboreamos, están doces, ás veces un pelín ácedos... CANTO NOS ENSINA O NOSO PATIO!

ESTUDAMOS AS FLORES

LIGADO AO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EN TORNO Á PRIMAVERA, XURDIRON VARIAS DÚBIDAS... CÓMO SE CHAMA ÉSTA PARTE DAS FLORES? TODAS AS TEÑEN? PORQUÉ CERCEN? O QUE DOU LUGAR Á CREACIÓN DUN LAPBOOK CO QUE QUEDAMOS MOOI ORGULLOSOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

NON QUEREMOS QUE NOS PECHEN!

NON AO PECHE DAS ESCOLAS UNITARIAS! Remata o curso, e coma tódolos anos, as emocións e os nervios percorren o noso corpo dende a punta dos pes ata a cabeza facéndonos tremelicar e enchendo a carúncula de bágoas que non poden saír, ao menos mentres teñamos espectadores. Este ano, máis ca nunca, as nosas emocións se acentúan e se escurecen pola incerteza e o medo. A nosa escoliña pecha, si, coma tantas outras estes derradeiros anos, pero non por iso nos sentimos máis reconfortados. Non entendemos como é posible...

Benvido verán!

Achégase o verán e no Gaioso sabemos disfrutalo!

Distribuir contido


by Dr. Radut