O xogo, o movemento e a música son moi importantes para o desenvolvemento dos nenos e nenas, e son innatos para os mesmos. As actividades relacionadas con ditos aspectos aportan os nenos e nenas sensacións de diversión e entretemento, ó mesmo tempo que lle proporcionan estímulos físicos e mentais de gran valor a nivel educativo.

A través dos mesmos os nenos e nenas se comunican, socializan, descobren novos aspectos.......ó tempo que traballan habilidades, valores, actitudes.... que son moi necesarios para o desenvolvemento integral dos nenos/as.

Cando xogan aprenden a relacionarse, agardar a súa quenda, compartir........, cando se comunican empregando o seu corpo, saltan, dan xiros, camiñan a pata coxa.........  están traballando o equilibrio, a coordinación....., e cando cantan nos expresan os seus sentimentos....

Así que tendo en conta o dito con anterioridade vamos a aprender xuntos e dun xeito divertido.

                                                                                                                              

                                                                                                                                             


Ensinar CIENCIAS dende as primeiras etapas educativas é vital, é unha maneira de mirar o mundo e de pensar nel. Un achegamento básico ao saber científico pode establecer unha base sólida para futuras aprendizaxes e proporcionar ao neno/a expectativas que lles fagan interesante a actividade. 

Segundo Wells, a indagación se podería definir coma "un proceso de carácter dinámico que consiste en coñecer e entender o mundo a través da experimentación".

                                                       


Un dos principais obxectivos da Educación Infantil é potenciar a autonomía persoal, polo que é importante crear hábitos nos máis pequenos dende o inicio. Isto favorecerá que sexan cada vez máis autónomos e se desenvolvan con facilidade naquelas tarefas básicas que forman parte da súa vida cotiá , como o aseo, a alimentación, o sono,.. e obteñan unhas ferramentas necesarias para ter a capacidade de vestirse, desvestirse, ordenar os seus xoguetes,...


NUESTRO OBJETIVO Y QUE OFRECEMOS

A ARTE é unha linguaxe que aumenta a capacidade expresiva nos/as  nenos/as a través de diferentes elementos; dese xeito, a creatividade e a imaxinación se fortalecen e xogan un rol moi importante no proceso de aprendizaxe, pois estes dous elementos benefician o desenvolvemento infantil dos pequenos.    

                                              




A aprendizaxe dunha lingua estranxeira axuda ao alumnado a coñecer outras culturas ,outros mundos ,outros xeitos de pensar,...así mesmo axuda tamén a poñer en valor a súa propia identidade.

Veremos videos ,escoitaremos cancións ,faremos manualidades ,.... buscando unha aprendizaxe significativa.

                                             

A lectura e a escritura son dúas actividades complexas que nos resultan necesarias para acceder aos saberes organizados que forman a nosa cultura. 

A nosa metodoloxía sitúase próxima a un modelo constructivista que entende a lectoescritura como un proceso global de construción e interpretación de significados dentro dunha contorna cultural e social.