COMO XA VOS DIXEN EN CLASES ANTERIORES, ESTA CLASE IMOS DEDICALA A FACER DE ILUSTRADORES, SE VOS APETECE, CLARO.
HOXE A MAIORES, DÉIXOVOS DÚAS APLICACIÓNS PARA APRENDER XOGANDO, ESPERO QUE VOS GUSTEN.
NO ARQUIVO ADXUNTO TEDES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS APLICACIÓNS
![](https://lh3.googleusercontent.com/svuF_mwjN8aU3g7qe7Ko1c7BL3luEHDQCQvFVlNSxtsATW_qICpq2qb4_Mfi-2WzwZlWhx8otXjyEKyBfTazHCZObD3Rxto6YrINPdDt8nXo1YP2HfxgUfQ7BYaDKQwbpQ140irN) |
Expresarse: para niños gratis
ANDROID
O obxectivo deste xogo é de adestrar a expresión e o razoamento lóxico en nenos de 4 a 6 anos de idade.
Cada tarefa presenta unha serie de ilustracións na pantalla que xuntas contan unha historia, as ilustracións están desordenadas ao comezo da rolda. O neno ten que colocar as ilustracións ordenadamente para que así poida contar a historia destas.
|
![](https://lh6.googleusercontent.com/ZHJ93KhmRoVDOcqKHF-JoC7JR-LXuXj5CUrc8WnR1Ip8MGOBEoi_bEOWearb7btjICtmqjMOU-LlvxBN-l38ecFBpQuvjWf0c9gA12aKbVvsdgHeQjGLmoQiqdWg_OxTc383PafT) |
Juegos de atención para Niños/as
ANDROID
15 xogos educativos para reforzar as habilidades de percepción visual e espacial, dirixida a nenos de todas as idades.
Cada un destes xogos axudará ao neno/a a procesar a información e a poñer en práctica as destrezas visuais a través de exercicios divertidos, acompañados do mapache e os seus amigos, os animais, que felicitarán e animarán aos nenos cada vez que resolvan o xogo.
|