Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO CURSO 2024-2025

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas nesta escola no proceso de admisión para o curso 24-25.

Lembren que será preciso confirmar a matrícula na escola entre o 20 e o 30 de xuño. 

RENOVACIÓN E PREINSCRICIÓN NOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CONCELLO

Ábrese o prazo para a renovación e as novas inscricións nos servizos complementarios que oferta o Concello para o vindeiro curso 2024-2025.

Será do 1 de marzo ao 1 de abril

Toda a información está recollida nos documentos adxuntos.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Infórmase da apertura do proceso de admisión. Poden acceder a toda a información na páxina web: https:/www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  

CALENDARIO 

  • Presentación solicitudes: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados no centro escolar: do 24 ao 6 de abril (aconséllase presentala coa solicitude)

  • Publicación listaxe provisional admitidos: antes do 25 abril

  • Prazo de reclamación das puntuacións provisionais: 5 días hábiles

  • Prazo de resolución das reclamacións: 5 días hábiles

  • Publicación listaxe definitiva de admitidos: antes do día 15 maio

  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 xuño

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDES 

A solicitude presentarase segundo unha destas tres opcións: 

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ ÁS SOLICITUDES

  • DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar. 

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar e a data de alta no domicilio. 

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se fose o caso).

  • De optar a unha praza para alumnado con NEAE será preciso achegar a documentación correspondentes.

Pódense descargar os impresos nos ficheiros adxuntos. 

Tamén está, como ficheiro adxunto, o mapa coas zonas de influencia do centro. 

 

VACANTES CURSO 2024-2025

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 24-25

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

Infórmase de que o luns comeza o prazo para a reserva de praza do alumnado que, no curso 2024-2025, cursará os estudos de 1º EP no CEIP A Maía ou no CEIP Barouta. 

Prazo de presentación das solicitudes: dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. 

Opcións de presentación das solicitudes: 

1. de xeito presencial na EEI de Covas, entregando a solicitude cuberta.

2. de xeito online, na páxina edu.xunta.gal/admisionalumnado. Unha vez cuberta entregase, presencialmente, na EEI de Covas. 

3. a través da sede electrónica. 

É importante que, ademais da sinatura de proxenitor/a solicitante, estea cuberto o ANEXO I-bis de consentimento do outro/a proxenitor/a. 

No enlace adxunto podedes descargar o documento ou solicitalo tamén na escola. 

REUNIÓN INICIO CURSO

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Infórmase ás familias, de nova incorporación, que deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño. 

A documentación que deben presentar no centro é a seguinte: 

  • Anexo III-1 (arquivo adxunto).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia da cartilla das vacinas.
  • Fotocopia do libro de familia. 
  • Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten) e dos proxenitores.
  • Dúas fotografías, actualizadas, tamaño carné.
  • Impreso de lingua materna (arquivo adxunto).

IMPORTANTE: Se algunha desta documentación xa foi recollida, durante o proceso de admisión, non é preciso volver a entregala. 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

Saiu publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo para presentar as solicitudes abarca dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS NO CURSO 2023-2024

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas nesta escola no proceso de admisión do curso 23-24.

Lembren que será preciso confirmar a matrícula na escola entre o 20 e o 30 de xuño. 

Distribuir contido


by Dr. Radut