A disciplina oriéntase á resolución de proxectos de deseño dende unha perspectiva experimental. Abarca contidos relacionados co deseño gráfico que son reflexo da práctica contemporánea como: creatividade, deseño conceptual, investigación e arte.

A  disciplina ocúpase dos contidos conceptuais e procedimentais necesarios para que o alumnado poida desenvolver proxectos de deseño gráfico integrados en equipos multidisciplinares, aplicando durante todo o proceso proxectual a metodoloxia de investigación de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos precisos.

Para cursar Proxecto Interdisciplinar é preciso ter superadas as disciplinas Proxectos de Deseño Gráfico I e Proxectos de Deseño Gráfico II.

Deseño para empresas e institucions, Branding, Marketing, Comunicación, Publicidade