Novas  Galerías  Ligazons

Programación anual

A continuación, tedes a programación do centro, tanto o que se refire as nosas actividades como o CRD Solidario. Lembrade que o final contades con toda a programación en pdf para a sua descárrega. ¡Esperamos que todos participedes nas nosas actividades!

 

PROGRAMACIÓN ANUAL ACTIVIDADES

CRD Departamento de Coordinación, Intervención e Mediación

CURSO     2014 – 2015

 

 

1.DEPORTIVAS

 

1.1. Proposta aos alumnos de todas aquelas actividades que demanden e que teñan que ver coa práctica do deporte. Tales como:  

 

 

Ping-pong

Fútbol

Baloncesto

Outros Segundo a demanda.

Orgarnizaranse campionatos ao longo do curso de todos aqueles deportes nos que estén interesados.

1.2. Oferta de clases: por un profesional a un prezo asequible. Sempre e cando houbese demanda

Esgrima 

Cross Training

Zumba 

 

2. FORMACIÓN    

2.1. Linguaxe de signos:  Impartiríase este obradoiro por unha persoa especialista en linguaxe de signos  - : formaránse grupos según demanda.

2.2. Obradoiro “Aprende a estudar”: Formaranse grupos e estableceranse os días para levalo a cabo

2.3  Clases de apoio en inglés: sen determinar, xa que sería para aquel alumnado que o solicitase. 

2.4. Proposta por parte da Dirección de ofertar clases,  por un profesional a  un prezo asequible . Sempre e cando houbese demanda: lectora de inglés (nativa)

 

 3. OBRADOIROS 

 

 

 

3.1. Cociña: os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Si houbera máis demanda, intentaríase facer máis grupos. No obradoiro de cociña inclúense as seguintes actividades:

3.1.1. Receta do Nadal: farase un obradoiro de cociña (1º trimestre) para o alumnado e persoal que o solicite. Coincidindo coas datas de nadal elaborarase un prato a determinar. Os grupos serán como máximo de 15/20 persoas.

3.1.2. Receta de Semana Santa: será un obradoiro que coincidirá coa data de  Semana Santa ( 2º trimestre ) e farase un prato ou postre característicos do tipo de festividade. 

3.1.3. Receta de tempada: - -  - elaborarase un prato adecuado a tempada de primavera-verán, a determinar. ( 3º trimestre ).

3.2.Ornamentación : os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Se houbera máis demanda, intentaríase facer máis grupos.  

3.2.1. Obradoiro de decoración navideña: será un taller que coincida coas propias datas  . Tratarase de decorar, ou ben unha mesa, ou un espazo, etc de cara ao nadal.  

3.2.2. Obradoiro floral: curso e consistirá en aprender a facer un arranxo floral, ben un centro de mesa, ben un bouquet, etc.    

3.3.“Faino para poñer”: os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Se houbera máis demanda intentaríase facer máis grupos. 

Trátase de facer un taller de pulseiras, gargantillas, camisetas, etc, sen determinar coa idea de que algunha das cousas sexa identificativa do CRD, e que ao mesmo tempo serva para recaudar fondos solidarios.

 

4. FESTIVAS:  AS FESTAS DO CRD 

4.1.Magosto:  Coincidindo coa tempada das castañas, farase no centro un magosto para que o disfrute todo o alumnado. Ademáis da recolleita solidaria das castañas, o alumnado recollería e asaría castañas para comelas no centro. 

4.2. Festa do nadal:  Como tódolos anos por estas datas, farase a comida do nadal no centro. Haberá un sorteo dunha  “cesta de nadal”, ou outros agasallos que decidan as Directoras de colexio e a Dirección do centro. Música e Karaoke como fin de festa.  

4.3. Festa do entroido:   No segundo trimestre do ano celebrarase a festa adicada  ao “Deus Momo” Farase unha comida de entroido no centro coa degustación propia dos productos da época. Haberá un concurso de disfraces para todo o alumnado e persoal que desexe disfrazarse. Festa pola noite con música, bebida e chuches. 

4.4. Festa da primaveira : a finales do terceiro trimestre e ca chegada do bo tempo, farase unha comida temática para o alumnado (xaponesa, italiana….) Haberá unha actuación musical, ou DJ nos exteriores do centro para celebrar a entrada da primaveira. Sería boa idea que o alumnado e profesorado, viñésen vestidos de branco. Contaríamos con chuches e bebidas para celebrar. 

 

5. DÍAS “D” :CONMEMORACIÓN DE FESTIVIDADES:

 Conmemoraranse todos aqueles días previstos pola Consellería  (Letras Galegas, Sida, Muller traballadora, cáncer, Paz etc ) y outros que o centro considere oportuno. Farase un guiño o día, con vídeos, algún tipo de distintivo do día, folletos, películas, etc.  

 

PROGRAMACIÓN ANUAL ACTIVIDADES DO “CRD SOLIDARIO”

CURSO  :   2014 – 2015

 

Tapóns para unha vida , ao longo de todo o curso, e como se viña facendo en anos anteriores, poranse puntos para a recolleita de tapóns solidarios. Dita recolleita está adicada cada ano a unha persoa en concreto que o precisa.

 

1º  TRIMESTRE

   2ª  Recolleita de castañas Benéficas: para repartirse entre as distintas institucións benéficas que se decidan. Os alumnos e persoal do CRD, ao igual que no ano anterior, recollerán castañas, seleccionaranas e empaquetaranas para levar as distintas Institucións. Levarase a cabo no mes de outubro/novembro, en distintas fases.

  Taller solidario de castañas: aproveitando a época das mesmas,  farase un taller de cociña, con distintas elaboracións de castañas. Será para todos aqueles que queiran asistir ao taller. O producto final, ben se ofertará ao persoal coa finalidade de obter un beneficio económico, ben se distribuirá entre as distintas Institucións Benéficas. En calquera das modalidades todo sería para doar.

Operación Kilo: alimentos para levar ao “Banco de alimentos”. Igual que no ano anterior, crearase un punto solidario para depositar os alimentos, que permanecerá aberto durante aproximadamente dúas semanas. Pasado este tempo entregarase todo o recolectado ao banco de alimentos. A data prevista coincidirá co nadal.

 

 2º  TRIMESTRE  

Recolleita de roupa: levarase a cabo no centro en anunciarase entregarase no punto solidario  para que todas aquelas persoas que o desexen poidan contribuir solidariamente aportando aquelas prendas que desexen. A roupa este ano irá a parar a Institución Benéfica “ Padre Rubinos “

 

  3º  TRIMESTRE 

Operación Kilo: eEstá previsto que o longo do curso se fagan dúas - campa as para entregar ao “Banco de Alimentos”. Farase igual que a outra, durante 2 semanas. A data prevista coincidirá co mes de maio.

 

 Taller de cociña   “ As letras solidarias “.  : Trátase dun taller de cociña no que se fagan galletas coas figuras de letras, para ofertalas no recreo e a recaudación iría a parar a unha das Institucións Benéficas. A data prevista podería facerse coincidir ou ben co programa da Consellería “Voluntariado de lectura A”, ou ben co día das letras galegas, de non celebrarse o programa.

AdxuntoTamaño
CASTAÑA SOLIDARIA.pdf2.69 MB
OBRADOIROS crd DEC 2014.pdf1.71 MB
PROGRAMACIÓN ANUAL ACTIVIDADES CURSO 2014-15.pdf520.05 KB
TAPONES 14 15.pdf208.99 KB
cocina.png212.37 KB
FINAL ping pong 2014.jpg73.98 KB