BIBLIOCRA

O SALÓN DO LIBRO

 Accede ao salón virtual a través do enlace para ver contacontos online, información e toda a programación relacionada co salón do libro:

OSALÓNDOLIBRO

تس

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

As nenas e nenos do CRA de Vilaboa, festexaron a semana do Libro elaborando "O libro viaxeiro dos camiños do CRA", no que nos contan cousiñas relacionadas cos camiños e a contorna das súas fermosas escolas.

PECHE TEMPORAL DA BIBLIOCRA

En base á ORDEN de 26 de enero de 2021 por la que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada del COVID-19 en la Comunidad Autónoma de Galicia e co obxectivo de tomar todas as medidas de precaución posibles que impidan o avance da pandemia, a BIBLIOCRA permenecerá pechada ata o 17 de febreiro, quedando profesorado de garda os martes de 17:00 a 18:30 para atender devolucións de empréstitos, non permitindo en ningún caso a entrada de alumnado e/ou familias nas instalacións.

BO NADAL E MOI FELIZ 2021!

 

 

Dende a BiblioCRA desexámosvos felices festas e un 2021 cheo de bos momentos, ledicia e moita saúde! A

desfrutar moito destes días e a ler moitos contiños en familia! Apertas!

 

 

Distribuir contido