SOLICITUDES DE MATRÍCULA PRESENTADAS PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Todas as reservas de matrícula presentadas foron aceptadas, e un ano máis o número de alumnado no centro seguiu crecendo.

A día de hoxe continuamos recibindo solicitudes de matrícula "fora de prazo", o que fará que a listaxe publicada aumente lixeiramente. Se aínda non solicitáchedes praza non o dubidedes e contactádenos para recibir máis información ao respecto, xa que aínda estades a tempo de facelo.

 

Como ficheiro adxunto podedes atopar o listado de alumnado admitido e a distribución provisional nas diferentes escolas. Lembrade que entre o día 20 e 30 de Xuño convocaremos unha reunión informativa onde tamén levaremos a cabo a "Formalización da matrícula".

 

MOITÍSIMAS GRAZAS EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA POLA CONFIANZA DEPOSITADA NO NOSO CENTRO!

 

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS - "MÁIS QUE UN COLE"

A NOSA ESCOLA

COÑECE A NOSA ESCOLA

 

PARA VISITAS PUNTUAIS CONCERTAR CITA PREVIA

(Teléfono - 986622775 // E-mail - cra.tominho@edu.xunta.gal)

RECOMENDACIÓNS NADAL 2020

 

Pincha no documento adxunto para descubrilas!

PROTOCOLO COVID DO CENTRO

Como documento adxunto tedes o Protocolo Covid do Centro, que agardamos sexa de axuda para aclarar as dúbidas que teñades. De tódolos xeitos, e como xa sabedes, estamos á vosa disposicón para o que precisedes.

 

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS - "Máis que un cole"

ÚLTIMA SEMANA DE PROPOSTAS...

ÚLTIMA SEMANA DE PROPOSTAS

 

Queridas familias, nenas e nenos, antes de nada queremos agradecervos o voso traballo destes últimos meses.

Sabemos que foi unha situación moi estraña e que non foi sinxelo para ninguén, pero a vosa actitude foi exemplar. Todos vos esforzastes moitísimo participando e facendo todas as propostas que vos deixamos na web, o que fixo que intentaramos dar o mellor de nós para cumprir coas vosas expectativas.

 

Para esta última semana propoñémosvos un pequeno cambio, e que sexades vós os que decidades as propostas. Animádevos a participar e compartide as vosas ideas, as propostas que máis vos gustaran, ou o que sería aínda máis interesante, esas cousas “vosas” que máis vos gusta facer e coas que desfrutades na casa ou no xardín, e así ensinárnolas e ao tempo tamén ensinarllas ao resto de compañeir@s, xa que intentaremos colgalas nas nosas diferentes redes sociais para que as vexan e vos vexades.

 

Todos os profes do CRA desexámosvos que pasedes un verán cheo de risas, de xogos e de aventuras, que aproveitedes o tempo ao máximo, que saiades á rúa todo o que poidades, que desfrutedes ao aire libre, que leades moitos contos, que bailedes sempre que vos apeteza, que pintedes coas mans e que pasedes tempo coas voas familias.

 

Deixámosvos nesta ligazón unhas recomendacións lectoras para o verán!

 

Un abrazo moi grande en nome de toda a comunidade educativa do CRA MESTRE MANUEL GARCÉS para tod@s os que xa formades parte desta gran familia. Moitísimas grazas por confiar en nós e camiñar ao noso carón. Sodes a enerxía que nos move. Feliz verán!

 

 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS – “Máis que un cole”

PROPOSTAS SEMANA 8 AO 12 DE MAIO

FACEMOS A MALETA

Imos imaxinar que marchamos de viaxe a algún lugar do mundo. Para elo será necesario facer a maleta, sen esquecernos de nada. Imos centrarnos neste caso en dobrar e preparar a nosa roupa, aplicando así algunhas aprendizaxes adquiridas en propostas anteriores.

Para elo, necesitaremos:

  1. Unha maleta, bolso da roupa ou similar.
  2. Un globo terráqueo ou un mapamundi (pode ser impreso en papel, dun libro ou incluso debuxado).
  3. A roupa do neno/a

 

Comezaremos iniciando unha conversación cos nenos/as acerca das viaxes, da imposibilidade de realizar unha viaxe dada a situación que estamos a vivir, de a onde lles gustaría viaxar se puideran...

Entón comezamos a imaxinar: imaxinamos que imos facer unha viaxe e empregamos o mapamundi ou o globo terráqueo para sinalar o lugar a onde queremos ir. Axudarémolos/as a ubicarse no continente que escolleron (contidos xa traballados na escola) e tamén no país. Podemos falar un pouquiño sobre el e buscar información sobre monumentos, cultura, alimentación... pero sobre todo, debemos coñecer se é un pais frío ou cálido, para preparar adecuadamente a nosa maleta.

Unha vez seleccionado o destino, podemos escribir o seu nome nun papel para que non se nos esqueza, e acto seguido iremos preparar a nosa maleta. Debemos coller unha peza de roupa de cada: un par de calcetíns, un pantalón, unha camiseta... Non colleremos un pantalón curto se imos viaxar a Antártida, ni tampouco unha chaqueta polar se imos ao Caribe, polo que a escolla do destino será determinante para ver que metemos na maleta.

Unha vez seleccionada a roupa comezamos a dobrala e introducila na maleta ordenadamente (algunhas pezas, xa sabemos como, por realizalo en propostas anteriores). Unha vez chea, podemos engadir algunha outra cousa que se nos ocorra, e que nos sexa útil no destino escollido, deixando voar a imaxinación dos nenos/as. Por último, pechamos a maleta e... listos para viaxar!

   

 

PINTAR SOPRANDO

    

NECESITAREMOS:

  • Palliñas
  • Témpera moi pouco espesa (ou incluso se non tedes témperas, auga con colorante).
  • Papel.
  • Superficie cuberta: mantel de plástico, bandexa…

 

Cunha pipeta ou co mesmo dedo pomos unhas gotiñas de cores repartidas polo papel. Logo colleremos unha palliña e sopraremos para facer o noso debuxo. Deixa voar máis que nunca a túa creatividade! :D

 

INVENTARIO DE FLORES

A proposta é facer o voso propio inventario de flores. Teriades que buscar cantos máis tipos de flores mellor e preguntar ou investigar como se chaman. Logo pegalas nun folio ou  cartolina e escribir o nome debaixo, podedes pedir axuda para escribilo ou compoñer o nome usando letras recortadas. Outra proposta sería clasificar as flores por cores.  Podedes comprobar como van secando co paso dos días.

 

CONTAR PÉTALOS

Para esta proposta imos necesitar flores de diferentes cores e formas.

 O primeiro que imos facer vai ser contar os pétalos de cada unha das flores e botalos en recipientes separados, e marcamos o número de pétalos de cada flor.

A  continuación ordenamos os recipientes segundo a cantidade de pétalos (de menos a máis ou de máis a menos).

Por último fixámonos noutros aspectos como as cores, o tamaño e a forma, e clasificamos segundo estas calidades. Por exemplo agrupando segundo a cor dos pétalos, grandes e pequenos, circulares e triangulares... 

    

 

DERRUBAMENTO DE LATAS OU BOTELLAS

     

Seguro que todos temos unha pelota e algunhas latas,ou botellas baleiras pola casa. É todo o que precisamos para botar unhas partidas.

Podemos levar o reconto nun taboleiro ou papel.

Cantos consegues tirar?, máis ou menos que antes?.

Tamén podemos numerar as botellas e as latas e logo sumar os puntos dos  elementos que derrubemos.

 

Ánimo e a divertirse!!

 

PSICOMOTRICIDADE

Chegou o día! despois de moito esforzo... a última proba! Serás quen de gañar unha partida á "OCRA" de Tomiño?

   

  (tedes abaixo en adxunto o documento por se o queredes imprimir)

 

MÚSICA

XILÓFONO DE AUGA

Para esta semana propóñovos elaborar un xilófono de auga.

Que necesitades:

  • 6 vasos ou copas de vidro
  • Unha xerra de auga
  • Colorantes alimentarios ou témperas de cores
  • Unha culler para usar de baqueta

Unha vez teñades todo o material enchedes os vasos con auga con distintas cantidades. Despoisbotades o colorante ou a témpera que máis vos guste en cada vaso.

E para rematar, collede a culler e comezade a tocar.

Déixovos un vídeo para que vexades como quedaría.

 

Espero que desfrutedes coa proposta.

 

INGLÉS

BODY PARTS II

Para esta semana temos a continuación. Comezamos cunhas cancións así que prestade moita atención. Preparados para mover o corpo?, listos...xa!

HEAD SHOULDERS KNEEES AND TOES:

Para bailar esta canción deberás tocar as partes que van dicindo: cabeza (HEAD), ombreiros (SHOULDERS), xeonllos (KNESS) e dedos dos pés (TOES). Tamén di partes da cara: ollos (EYES), orellas (EARS), boca (MOUTH) e nariz (NOSE). 

 

SHAKE SHAKE:  

Nesta canción imos axitar moit moito as partes do corpo que van dicindo. SHOULDERS, KNEES, HEAD, HANDS, BUM. Coñécelas todas? 

 

WHEN YOU ARE DANCING: 

Por último, fíxate ben en cantas partes do corpo ten o moneco e intenta movelas coma el. 

 

CREATE A MONSTER. Propóñovos crear un monstro, empregando papel, plastilina, boliñas ou peciñas pequenas e un dado. (se non dispoñedes dalgún material poderíase facer debuxando)

Para facelo, empregaremos un dado (se non dispoñedes del, un conta en silencio do un ao seis sucesivamente e o outro di STOP! No número que se pare, ese sería).

Tiramos o dado e o número que saia indicaranos que parte do corpo temos que facer segundo a táboa que está máis abaixo: brazo (ARM), boca (MOUTH), orella (EAR), ollos (EYES), nariz(NOSE) ou perna (LEG). Volvemos tirar o dado e esta vez indicará cantas (one, two, three, four, five or six) orellas, bocas, pernas ,etc ten o noso monstro.

Podemos facer primeiro nun folio o deseño ou forma do que é o corpo/tronco do monstro e a partir dela engadirlle as partes. Tamén podemos facer o monstro en tres dimensións empregando só a plastilina. As imaxes son exemplos de guía.

 

  

ATENCIÓN EDUCATIVA

Conto "A árbore da escola"
 

O protagonista é unha árbore, unha árbore que hai nun patio dun colexio. Unha árbore pequena, de ramas finas e follas secas que pasa desapercibida a todos menos a Pedro. Unha bonita historia que resalta a importancia do afecto e valores como o coidado e respecto pola natureza, así como a importancia do compañeirismo e ganas de compartir.
Sería estupendo que o neno/a se responsabilizara de coidar con agarimo unha pequena árbore ou unha planta (regala, sacarlle follas secas, limpala...) como facía Pedro o neno deste conto, para así reforzar os valores desta historia.

Temos que respectar e coidar a natureza que nos rodea.
 

RELIXIÓN

ONDE VIVES?

Esta semana imos cun conto moi divertido. Deus quixo que cada un dos animais do mundo vivisen nun lugar distinto. E nós?  Onde vivimos? No mar, nun estanque ou nunha casa? Contesta as preguntas deste conto e agarda o que se agacha detrás de cada lapela. Valo pasar moi ben.

 

 

PROPOSTAS SEMANA 1 AO 5 XUÑO

FACEMOS SERIES

Necesitamos calquera obxecto que o neno poida manipular como macarróns calcetíns, pinturas, flores…. Comezaremos formando unha serie onde alta un elemento que o neno ten que adiviñar e completar; despois podemos ir quitando varios elementos para ir complicando a resolución da serie.

Despois comezaremos unha serie e eles terana que seguir.

 

LAND ART

O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artistícas en espacios naturais usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.

A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podemos usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.

Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.

 

ESCRIBIR CON AUGA

Para esta proposta tan só imos precisar un pincel, auga e un soporte tipo "pizarra", pedras, formigón...

Trátase de empregar a auga para practicar os diferentes trazos, para iso podemos xogar a adiviñar coas iniciais de nomes familiares ou con palabras xa máis complexas. Se queremos borrar... tan só temos que deixar que seque!

 

 AUGA MÁXICA: EXPERIMENTO DE REFRACCIÓN

PRECISAREMOS:

  • Un vaso de vidro
  • Auga
  • Un papel cun debuxo dunha frecha

Debuxa unha frecha horizontal no teu papel e pona detrás do vaso. Sen perder o vaso de vista éncheo con auga. Que acontece???? A frecha cambiou de dirección!!

Parece maxia verdade? Pois é pura física! :D

A través deste experimento, ensinarémoslle ós máis cativos o efecto de refracción: o cambio de dirección que sofre a luz cando pasa dun medio transparente (aire) a outro (auga).

Agora podedes intentalo facéndoo con outro debuxo, por exemplo, do voso animal favorito (paxaro, balea...). O importante e que este teña unha dirección concreta, que se vexa mirando para un lado.

Déixovos aquí un vídeo explicativo co experimento:

https://www.youtube.com/watch?v=bhoNRJsw34A

Sabías que…?

Os anteollos funcionan tamén grazas a este efecto da refracción? Os cristais dos anteollos dobran os raios da luz para poder enfocar as imaxes, permitindo que as persoas que o necesitan, vexan correctamente.

 

PINTAR CON FLORES E PLANTAS

Necesitamos:

  • Témpera de distintas cores
  • Recipientes para verter as témperas
  • Folio
  • Flores ou plantas

Consiste en utilizar como pincel calquera tipo de planta, folla ou flor que podemos recoller no campo estes días de primavera. Estamparemos e crearemos libremente.

Podemos facelo tamén de xeito máis natural, simplemente coas flores, colocar unha tea debaixo e premer a flor cun martelo ou mesmo coa man. As flores non pintan sempre da mesma cor que son.

  

 

PROPOSTAS EXTRA POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

"A terra está nas túas mans"

O vindeiro venres día 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

Dende o Programa de Voz Natura queremos salientar que un dos valores máis importante que lles podemos inculcar ós nosos nen@s é o amor pola natureza e coidado do noso planeta .Isto podemos facelo mediante pequenos xestos que sirven para mellorar o mundo no que vivimos.

Algúns destes xestos serían: reciclar o lixo, pechar a billa cando non se vaia usar a auga, botar os papeis na papeleira e non no chan, camiñar aos lugares próximos en lugar de ir en coche, apagalas  luces cando non as usemos, coidalas plantas, as mascotas…

Materiais

Cartolina, cartón ou papel, tesoiras, témpera de cor azul e verde, pegamento e un lapis.

Pasos:

  1. Debuxa un corazón sobre a cartolina, cartón ou papel  e recórtao. Repite este proceso para a silueta das mans.
  2. Colorea o corazón de verde e azul coa pintura.
  3. Cando a pintura estea seca, pega as mans pola parte posterior, de forma que pareza que os dedos están suxetando o corazón.

 

 

PSICOMOTRICIDADE

Continuamos coas probas para convertirnos en superheroes e superheroinas!

PRIMEIRA PROBA - O antes posible debes levar dun lugar a outro (dunha punta do corredor a un punto do salón por exemplo) os obxectos que propoñamos, de un en un, desprazándote de diferentes formas: andando, saltando, de xeonllos, deitado...

SEGUNDA PROBA - Cunha venda nos ollos debemos descubrir 4 obxectos diferentes.

XA LEVAMOS A METADE DO CAMIÑO FEITO! ÁNIMO!

MÚSICA

“UN PASEO POLO BOSQUE”

Para esta semana propóñovos que vos imaxinedes un paseo polo bosque. Neste paseo ides atopar un montón de bechiños polo camiño. Invítovos a que vos convertades neses bechos e, axudados pola música, imitedes os seus movementos. (A música podedes atopala como arquivo adxunto abaixo de todo)

Pista 1 (Bolboreta): imos voar coma unha bolboreta, abrindo e pechando os brazos coma se fosen ás.

Pista 2 (Mosquito): imos imitar o movemento do voo dun mosquito. Cada vez que escoitemos que a música fai unha pausa damos unha palmada coma se quixeramos cazalo.

Pista 3 (Abella): Colocamos os brazos detrás do lombo e movémonos coas mans mentras nos desprazamos rapidamente cos pés moi xuntos imitando o son dunha abella (zzzzz).

Pista 4 (Coello): Imos saltar coma un coello. Colocámonos de pé coas mans diante do corpo coma se fosen patas dianteiras e saltamos cos pés moi xuntos.

 

INGLÉS

BODY PARTS I

Esta semana imos mover as partes do noso corpo! Para iso, aí van unhas cantas cancións. Podedes escoitalas na orde que prefirades:

EYES NOSE MOUTH EARS: Es capaz de tocar os teus ollos(EYES), nariz(NOSE), boca (MOUTH e orellas (EARS) á vez que as escoitas na canción? Preparados, listos, xa!

ONE LITTLE FINGER: Pecha os dedos da túa man excepto o índice. Agora move o teu dedo cara arriba (UP), cara abaixo (DOWN) e toca as partes do corpo (HEAD, NOSE, CHIN, ARM, LEG, FOOT) seguindo a canción.

CAN YOU PLAY THE DRUMS?: Agora, coas túas mans coma se fosen dúas baquetas, ou con dous rotus ou paus pequenos imos “tocar o tambor” no noso corpo. Tamén podes facelo no corpo da persoa que te acompañe. Iso si, despacinño e sen mancarse!

OPEN,CLOSE!: Podes abrir (OPEN) e pechar (CLOSE) todas as partes do teu corpo? Proba a facelo co ritmo desta canción. CLAP CLAP CLAP!

MOVE YOUR LEGS: Colle folgos que chegou o momento de mover os brazos (ARMS) e as pernas (LEGS). Como as tes que mover? Pois arriba e abaixo (UP AND DOWN), súper lento (SUPER SLOW),conxelados (FREEZE), etc. 

AROUND THE CIRCLE: Nesta canción combinamos accións coma nadar (SWIM), brincar (SKIP), voar (FLY), axitarse (SHAKE), camiñar(WALK), correr (RUN), parar (STOP),etc. arredor dun círculo, xunto cos números tocando as diferentes partes do corpo (NOSE, MOUTH, BACK, LEGS, ARMS)  tantas veces como nos indican. Escoita e conta con atención!

    

 

ATENCIÓN EDUCATIVA

CURTAMETRAXE: PIP

Un curto que nos ensina a non xulgar a ninguén antes de tempo, asi como o valor da axuda e xenerosidade.

Pip é un can que soña con ser un can "guía" para persoas cegas, vai á "universidade" para cans. Alí encontrará moitas dificultades, despois dun exame final sae desolado. Pero algo importante sucede na rúa que vai cambiar a súa vida, e polo que vai ser recoñecido.
 
Reflexionar cos nenos/as a importancia de coñecer as persoas antes de xulgalas, de ser xeneroso e axudar ós demais, igualmente valorar que as vivencias e experiencias que vaiamos ter, aínda que non sexan como nos gustaría, temos que seguir cara adiante. Seguro que nos farán máis fortes.
 
 

RELIXIÓN

Ola de novo a tod@s. Esta semana imos facer un crocodilo da arca de Noé. Precisamos tres rolos de papel hixiénico, tesoiras, cúter e pintura. Agora xa temos un león, un elefante e un crocodilo. Teño imaxes dos primeiros e quedaron moi xeitosos. Ánimo co crocodilo. É moi doado.

PROPOSTAS SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

CANTAS PEDRAS TEN A TÚA TORRE

Hoxe propóñoche un desafío moi divertido.

Trátase de construír unha torre con pedras.

Cantas pedras es capaz de amontoar?

Logo de construír a túa torre anímote a que a debuxes nun papel e escribas ao lado o número total de pedras que a conforman.

Que gana de ver as túas construcións!

 

ARTE CON XEO

En diferentes recipientes introduciremos elementos naturais como follas, flores, anacos de froita,ramas… faremos unha composición que nos guste, engadiremos auga e… ao conxelador!

Podemos poñer o extremo dun cordón forte (tipo "trapillo" ou cordón dos zapatos) dentro da auga deixando o outro fóra para que cando o saquemos conxelado poidamos colgalo nunha árbore, nun muro…

Esperar ata o día seguinte que estea conxelado. Sacalo e poñelo no lugar escollido e admirar a nosa obra. Observar canto tempo necesitou estar no conxelador e canto tempo tardou en desaconxelarse.

    

Podedes sacarlle fotos ao resultado e compartilas con quen queirades!

 

BANDEXA DE TRAZADO

Con esta proposta elaboraredes a vosa propia BANDEXA DE TRAZADO, na que poderedes practicar diferentes grafías, letras, trazos...

Necesitaredes:

  1. Sal fino.
  2. Xices de cores.
  3. 1 caixa de forma cadrada e non moi alta (de madeira, un tupper ou incluso unha caixa de zapatos rebaixándolle a altura cun cutter ou unhas tesoiras).
  4. 1 anaco de cartón, un pouco máis estreito que a caixa que escollades.
  5. 1 pinza da roupa.
  6. Anacos de folio.
  7. Rotuladores.

 

Primeiro iredes colocando pequenas cantidades de sal sobre un cartón, e colocando os xices en posición horizontal pintarédela da cor ou cores que máis vos gusten. Faredes isto ata ter pintada todo o sal que necesitedes, tendo en conta o tamaño da caixa que ides empregar para facer a vosa bandexa (o sal simplemente ten que cubrir o fondo da mesma, para que ao facer os trazos estes se marquen mellor). Se non tedes xices ou algún material para darlle un toque de cor ao sal, podedes deixalo branco ou incluso empregar outros materiais como pan raiado ou area.

 

Posteriormente introducides o sal na caixa. Despois elaboraredes nos anacos de papel os modelos de trazado para practicar, debuxándoas con rotulador (poden ser letras, debuxos, liñas rectas, curvas, espirais...).

O anaco de cartón será o soporte para estes modelos, polo que teredes que colocalo en posición vertical nun dos lados da caixa. Empregaredes a pinza da roupa para suxeitar o modelo de papel ao cartón, mentres trazades. Só falta probala, empregando as vosas mans!

 

PELAR OVOS

Material:

  1. 2 ou máis ovos cocidos.
  2. 3 recipientes.
  3. 1 morteiro

A  proposta é pelar ovos cocidos  seguindo un proceso ordenado. Nun bol ou recipiente colocar os ovos cocidos, noutro as cascas e no último os ovos pelados. Coidade que os ovos queden moi ben, sen ningún resto.

Unha vez rematado, nun morteiro machacar a casca dos ovos ata que quede moi finiña.  Esa casca picada podédeslla botar ás plantas, é un abono estupendo.

Por último, podedes facer alguna receita cos ovos cocidos : ensaladas, salpicón…  sorprendédonos!

 

  

 

CONSTRUÍR ALGO QUE FLOTE

Empregando cousiñas que atopes pola túa casa: paus de madeira, esponxas, plastilina.. Tedes que conseguir construír algo que flote na auga. Cando o teñas feito… terás que probalo a ver se o conseguiches!

Logo poderás plasmar nun papel as instrucións e elementos para a súa montaxe.

 

PSICOMOTRICIDADE

O CAMIÑO PARA SER SUPERHEROES

Para rematar o ciclo de superheroes e superheroínas, propoñeremos diferentes probas, que haberá que superar para converterse en verdadeir@s defensor@s das forzas do ben! Velaí van as probas desta semana:

1.- Espello: colocámonos diante do neno/a e el debe imitar os nosos movementos, podemos encadearlle movementos para aumentar a dificultade segundo a idade, e despois tamén podemos imitar nós os movementos que nos propoña.

2.- Escondemos as pezas dun quebracabezas e o neno/a debe buscalas e facelo o antes posible. Podemos marcarlle un tempo límite.

 

MÚSICA

Para a proposta de música desta semana anímovos a ver o vídeo e desfrutar co conto e a canción!

 

INGLÉS

-SHAPES-

 

Quedan poucas semanas para rematar o curso, polo que imos volver a traballar algunhas cousas que xa viran con anterioridade. Comezamos por as formas xeométricas (SHAPES) como as que aparecen na seguinte imaxe.

 

 

Estas son algunhas cancións para bailar e tamén localizar as formas xeométricas. As cancións xa inclúen preguntas sobre as formas xeométricas pero tamén se poden repasar as cores, preguntando por exemplo:What colour is the circle/square/triangle/rectangle? 

SHAPES SONGS WITH DEBBIE DOO:

DANCING SHAPES: 

THE SHAPE SONG:


Se vos apetece, podedes xogar a este MEMORY GAME online.Aínda que nalgunhas cartas só está o nome escrito, hai que fixarse, escoitando con atención, na palabra que din para poder facer as parellas.

https://www.kidslearningville.com/shapes-vocabulary-esl-memory-game-easy/

Para rematar,  podedes escoller unha forma xeométrica, debuxala co dedo nas costas do outro (voso pai/ nai adulto que vos acompaña) e que intente adiviñar cal é (a circle,a square,a triangle,a rectangle,a star,etc.) Logo intercambiades os roles e tócalle adiviñar a quen antes debuxou co dedo! ;) 

 

ATENCIÓN EDUCATIVA

Canción-Conto "Pedro e o lobo"

Unha canción baseada no conto clásico: "Pedro e o lobo" ou "O pastor mentireiro".

Conta a historia dun neno pastor que, ante o aburrimento, divertíase enganando aos veciños.

Reflexionar sobre o valor da honestidade, explicarlle os nenos/as que non se poden dicir mentiras porque o día que conten a verdade ninguén os crerá.

Facer un debuxo relativo a esta historia.

RELIXIÓN

ORDENA AS TÚAS COUSAS E VERÁS QUE BEN CHE VAI

Esta semana imos aprender por que é importante ser ORDENADOS. Nina é moi desordenada e perde as cousas. “Juan el molinero” cóntalle a historia de Claudia, verás o que lle pasa por non pór cada cousa no seu sitio.

 

PROPOSTAS SEMANA 18 AO 22 DE MAIO

LIMPAR CALZADO

NO DÍA A DÍA TEMOS QUE ANDAR LIMPOS E COIDAR O NOSO ASPECTO POLO TANTO IMOS LIMPAR O NOSO CALZADO.

PODEMOS LIMPAR O NOSO  CALZADO E O DAS NOSAS FAMILIAS COMO POR EXEMPLO: ZAPATOS, BOTAS,….

NECESITAMOS :

  1. UN CEPILLO DE CALZADO PARA DARLLE BRILLO.
  2. CREMA DE CALZADO (SE O ZAPATO É NEGRO, CREMA NEGRA. SE É DOUTRA COR CREMA NEUTRA,….).

 

ÁNIMO NENOS E NENAS NESTA AVENTURA DE LIMPAR O CALZADO PARA QUE CADA PISADA NO VOSO CAMIÑO DA VIDA BRILLE COMO UNHA ESTRELA.

  

 

RECITAL DE TRABALINGUAS

Hoxe propóñoche facer coa túa familia un recital de trabalinguas. Cada un de vós, por quendas, recitará os seguintes textos. Quen é capaz de dicilos o máis axiña posible sen mesturar as palabras?

Se aínda o queredes facer máis divertido, podedes poñer unha culler cunha pequena pelota enriba e recitar sen que vos caia a culler nin a pelota. Ah e que non se che escape a risa!

 

 

PÉNDULO DE SAL

Xunta a ciencia, o arte e a física cun péndulo no que o movemento fará as máis sorprendentes creacións. Unha artesanía perfecta para combinar cores.

Materiais

  • Sal de cores (podes facer a sal con po de xiz sobre sal da cociña)
  • Funil
  • Corda
  • Chinchetas
  • Cola quente
  • Papel
  • Fío

Pasos

  1. Coa axuda das chinchetas fai tres buratos, a distancia similar un doutro, no funil.
  2. Corta tres anacos de fío da mesma lonxitude (necesitas que sexan largos para poder colgar do funil dunha zona alta) e ata cada corda a cada un dos buratos. Tamén podes atar o fío ás chinchetas pinchadas con forza no funil.
  3. Colgar o funil dun soporte alto e estable coma unha porta ou un feixe.
  4. Coloca baixo o funil unha cartolina ou papel sobre o que crear os debuxos.
  5. Enche o funil de sal de cores e move o péndulo con suavidade para que se mova dun lugar a outro deixando o rastro da cor.

 

 

EFECTO DOMINÓ OU REACCIÓN EN CADEA

Esta semana imos poñer a proba a nosa paciencia e pulso. Para este xogo necesitaremos obxectos cotiáns como pinzas, lapis de cores, cartas, canicas, … Podes empregar tantos como queiras.

Unha vez teñas recolectados os materiais só tes que comezar a poñelos en equilibrio uns preto dos outros, cantos máis mellor, finalmente... provocar a reacción en cadea tirando o primeiro.

    

 

TRASVASAMENTO DE LÍQUIDOS CON ESPONXA

 

Para esta proposta precisamos dous recipientes e unha esponxa. Tamén imos empregar unha xarra.

O primeiro que facemos é dispor os dous recipientes e a esponxa sobre unha bandexa e colocar a xarra preto dela.

A continuación o neno/a debe encher un dos recipientes con auga empregando a xarra (desprazándose unicamente con ela). Unha vez que o recipiente estea cheo imos pasar a auga para o outro recipiente empregando tan só a esponxa.

 

Ao rematar vertemos a auga de novo na xarra para levala de volta. 

 

PSICOMOTRICIDADE

Con motivo da recente homenaxe que o artista de Bristol “Banksy” lle fixo ao persoal sanitario polo labor impecable que están a levar a cabo, pareceunos o momento perfecto para que os nosos superheroes e superheroinas desta semana sexan xustamente eles, os enfermeiros e enfermeiras.

Os seus superpoderes son: superhabilidade de curar feridas cando nos mancamos, supervelocidade para axudarnos axiña cando estamos enfermos, superesistencia para traballar sen descanso…e o maior poder de todos, dispoñibilidade total para estar sempre aí cando os necesitamos.

1º- CONSTRUÍMOS A NOSA ENFERMERÍA – Co material que teñamos por casa, facemos unha pequena construción na que atenderemos aos nosos pacientes.

2º- EQUIPAMOS A NOSA CONSULTA – Buscamos o material que poderemos empregar para curar aos enfermos: camisetas vellas, teas, coxíns…e podemos elaborar tamén indumentaria axeitada para caracterizarnos.

3º- BUSCAMOS PACIENTES – Algún adulto esconde pola casa diferentes bonecos e temos que atopalos o antes posible (sen desordenar), para levalos á nosa consulta e darlle os coidados que precise. (Non de calquera maneira, non esquezades que somos supersanitarios).

4º- CURAR AOS ENFERMOS – É a hora de darlles todos os coidados necesarios, neste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=56PrvOfEqHQ tedes unha canción moi faciliña que podedes aprender para saber o que hai que facer. Asemade podemos aproveitar para limpalos, arranxalos…e por último dalos “de alta” e buscarlles un bo lugar para gardalos e que estean cómodos.

 

PARA REMATAR INTERCAMBIAMOS COIDADOS CON ALGUÉN DA CASA. TUMBADOS RECIBINDO TODAS AS ATENCIÓNS, MÚSICA RELAXANTE, FALADO EN VOZ BAIXIÑA, CARICIAS, UNHA MASAXE, UN POUCO DE ZUME…

 

MÚSICA

Esta semana propóñovos facer un xogo rítmico con culleres e coa música Alunelul.
Necesitaredes dúas culleres non moi grandes para facer o acompañamento rítmico desta melodía.
Déixovos o vídeo para que poidades practicar esta danza.
Espero que desfrutedes coa proposta.

 

INGLÉS

UNDER THE SEA III

Esta semana é a última dedicada ao mar e aos animais que viven nel. Nas anteriores xa vimos moitos nomes dos seres mariños: FISH (peixe), OCTOPUS(polbo), STARFISH (estrela de mar), SHARK (tiburón), etc.

 

O conto THE RAINBOWFISH, é a historia dun colorido peixe que semella un brillante arco da vella.

Os demais peixes dor mar, admírano, e queren ter unhas escamas tan bonitas coma as súas. Entón pídenlle se lles pode dar unha escama, pero o noso protagonista pensa que se regala as súas brillantes escamas xa non vai ser o peixe máis bonito de todas as profundidades do mar... entón, os seus amigos peixes deciden que non queren xogar máis con el.. que pode facer para remedialo?

Para saber que pasa despois e como remata, debes ver o vídeo da ligazón.

*Lembra que aínda que non entendas todo o que din, tes que escoitar con atención porque seguramente hai palabras que si recoñeces (fish, octopus, starfish...) e tamén, os debuxos axudan a comprender o que ocorre no conto.

Por certo! fíxate ben, a ver que outros animais mariños -ademais dos peixes (FISH)- atopas no conto.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lQaz0-w-PvA

 

Agora, gustaríame que fixeras o teu propio “RAINBOW FISH”

Aproveitade para traballar as cores: yellow, orange, green, blue, purple, pink...

(Baby shark e familia píntanse de cores neste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=frxhDwVezyI )

A técnica escóllela ti en función do que teñas por casa. Hai moitas opcións: collage, reciclando un CD, con plasti, barro, coa silueta da man, estampando ou simplemente debuxando e coloreando. Algunha ideas son as seguintes, pero podes darlle renda solta á túa imaxinación. Ah! E se hai outro animal mariño que tamén che guste, podes facelo.

 

Seguro que quedan preciosos!

 

ATENCIÓN EDUCATIVA

"BOTE DA CALMA"
 
Esta semana propóñovos unha manualidade: facer un "bote de calma".
A finalidade deste "bote" é axudar aos nenos/as a relaxarse cando estean enfadados ou teñan rabechas.
Van ver como a purpurina está moi axitada e pouco a pouco vai baixando e calmándose, iso axudarálles a relaxarse e a controlar as súas emocións.
Que materiais necesitamos?
 
OPCIÓN A: (máis sinxela)
 
-Unha botella de plástico pequena 
-Auga
-Colorante alimenticio
-Purpurina
 
OPCIÓN B:

-Unha botella de plástico pequena
-Auga tibia
-Aceite corporal
-Colorante alimenticio
-Purpurina
 
*Material opcional para que quede máis vistoso: figuriñas pequenas de plástico bóliñas de cores, estreliñas...
 
Preparación:
 
OPCIÓN A: 
 
Encher a botella de auga, engadirlle unhas gotas de colorante alimenticio e a purpurina. Axitar. *Selar o tapón con pegamento ou silicona para maior seguridade.
Para que quede máis vistoso e motivador podedes meterlle algunhas figuriñas de plástico, bóliñas de cores, estreliñas..

OPCIÓN B:
 
Botar na botella a auga tibia ata un pouco máis da metade, engadir unhas gotas de colorante e a purpurina. Axitar.
Posteriormente complétase con aceite corporal. Axítase.
*Selar o tapón con pegamento ou silicona para maior seguridade.
Igualmente ca anterior pódese engadir figuriñas de plástico, bóliñas de cores, estreliñas..
 

Anímovos a que o fagades con axuda da vosa familia e que desfrutedes moito.

 

RELIXIÓN

ACTIVIDADE EN FAMILIA

ANIMAIS DA ARCA DE NOÉ A PARTIR DE CÍRCULOS

PRECISAMOS: Folios, lapis, pinturas.

Imos debuxar animais da Arca de Noé a partir de círculos. Unha actividade moi divertida para facer en familia. ¿Quen vai debuxar?  Pode facelo papá, mamá, avós…..ou nós mesmos. Debuxamos círculos (pode ser cun vaso) e mellor un círculo en cada folla. Despois como fan no vídeo imos debuxando animais ata que adiviñemos que animal é. Ao rematar escribimos o nome e coloreamos.  Que divertido vai ser!!!!!

https://youtu.be/n-FriLAiS9s

 

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

Ola nenos e nenas! En conmemoración polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (17 de maio), dende o EDLG propoñémosvos unhas actividades para que fagades dende os vosos fogares e poidades celebrar con nós este fermoso día!

 

1. “A lingua galega tamén cura”. En que consiste? Tedes que escoller unha palabra en galego que cure (de ánimo, esperanza...) nestes tempos que corren (por exemplo: aperta, agarimo, apoio...). Nunha superficie (papel, cartón...) debedes escribila ou representala utilizando os materiais que desexedes (refugallo, material natural...), botádelle imaxinación! Enviádenos as vosas creacións mediante unha foto. Aí van uns exemplos:

  

Tamén podedes realizar unha gravación de voz explicando o motivo da elección desa palabra.

 

2. “As pitas baixo a choiva”. Sóavos? É un libro do escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero.

Tedes que deixar voar a vosa creatividade e facer un debuxo inspirado no título da obra. Enviádenos as vosas propostas!

Se queredes afondar máis sobre Ricardo Carvalho Calero e as Letras Galegas, deixamos á vosa disposición os materiais proporcionados polo Seminario Galán. Premendo na seguinte ligazón accederedes a eles.

 

 


 

 

Damos as grazas de corazón a Antonio García Teijeiro, poeta dos nenos, que, xunto con Martiño, nos dedicou a fermosa lectura destes dous poemas seus para conmemorar o Día das Letras Galegas. E con elo animámosvos a todos a ler e xogar coa poesía. Como dixo este poeta: "A poesía é algo útil, que educa a sensibilidade e fai gozar da maxia e da picardía das palabras".

 


Distribuir contido