A semana das Letras Galegas fixemos nas aulas diferentes actividades para coñecer á escritora homenaxeada deste ano, Xela Arias.
Os nenos e nenas leron poesías, aprenderon cousiñas importantes da vida de Xela, fixeron caricaturas, obras de arte, quebracabezas, escoitaron cancións...
Fixéronlle así unha fermosa homenaxe a esta marabillosa muller da nosa terra.