Este ano para conmemorar o día das familias realizamos un Taller de Exploración da Luz convidando a todas as familias da Escola. Foi un día verdadeiramente estupendo, onde os nenos e nenas mostraban as actividades de luz que fixeran durante todo o curso ás súas familias. Foron momentos únicos de convivencia e ilusión.
Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración e participación.