HISTORIA RIBADELOURO
Santa Columba de Ribadelouro ten o seu asentamento ó pé da escarpada e precipitada caída da abada norte do Aloia limitada ó norte por Mosende e Pontellas, Sur con Rebordáns e Frinxo, Leste con Budiño e Guillarei, Oeste Chelo e Morgadáns.
Está bastante alonxada do núcleo urbano, entre 6-7 quilómetros, e as súas terras de cultivo aínda están sendo bastante aproveitadas.
Os seus montes principais están formados polas estribacións da parte que corresponde a esta parroquia do monte de San Xulián (Monte Aloia), salientando o denominado “Monte de Oia que chega ata “Pedra do Acordo”, punto onde concorren as parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Malvas. Este monte aparece desprovisto de vexetación, aflorando op rochedo na súa superficie. Das súas canteiras extráese excelente perpiaño para a construcción dentro e fóra da zona e incluso para a exportación.
Báñaa o río Louro e os arroios San Martín, o Penedo, o Pesexeira e o Miñoto que desaugan no primeiro. De tal abondosa auga nace a proliferación de muiños fariñeiros.
A igrexa foi construída no 1827, non ofrecendo características de interese.
Históricamente, participa de traxicamente honrosa sona polo seu papel na guerra da Independencia. Sita no camiño entre Tui e Vigo, o 27 de marzo Chapuret, ó mando de cincocentos homes asola por solpresa o campamento de Santa Comba de paso para Vigo para socorrer ós franceses. De regreso, reorganizado-los paisanos de Ribadelouro, propinaron un desastroso recibimento ós sobrevivintes de Chapuret, sendo moi poucos os franceses que conseguiron entrar de novo na cidade.
Festas: Festas da Magdalena (xullo)
Festas de Santiago Apóstolo (xullo)
Festas de Santa Comba (decembro)
Asociacións: Asociación cultural “Santa Columba”
Asociación de veciños de Santa Columba
Comunidade de Montes de Ribadelouro
Peña Madridista “A Lareira”
Escola de Baile “O Fato de Danza”