Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado

Sitio: Aula Aberta do CRA de Culleredo
Curso: Traballando na web do centro
Libro: Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado
Impreso por: Usuario convidado
Data: Domingo, 16 de Xuño de 2024, 15:25

Descrición


Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado

Indicacións sobre como administrar, xestionar e enviar comentarios a unha entrada ou artigo dun blog.


Licencia Creative Commons
"Xestión de comentariosno Blog, participación do alumnado" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

1. Activar a opción de comentarios para un artigo

Se o administrador da web ten administrado o tipo de contido artigo de blog de xeito que permita os comentarios entón o profesor pode decidir en cada artigo ou entrada do blog se admitirá ou non comentarios para ese artigo.

A opción pode variarse para cada un dos artigos ou entradas.

Ver imaxe seguinte

activar comentarios

2. Participación do alumnado nos blogs

Se o administrador da páxina e o profesor que xestiona o blog así o consideran os alumnos poden escribir nos blogs.

Son espazos colaborativos e irán crecendo na medida na que poidan expresarse neles os alumnos e interactuando cos contidos.

En xeral están pensados para ser blogues de aula ou de materia, os facemos por, con e para os alumnos, pero sobre todo deberiamos facelos "con" eles.

É normal que ao principio sexa o profesor o único que escribe, pero na medida do posible o profesor irá incentivando aos alumnos a que participen activamente.

Os alumnos poden participar nos blogs de dous xeitos diferentes:

  • O mais habitual e que o fagan comentando ou posteando as entradas publicadas polo profesor. É dicir o profesor publica un artigo ou entrada (algo de interese para a aula, ou sobre o que estean a traballar na clase eses días) e deixa aberta a opción de lectura/escritura de comentarios.

Os alumnos leen o artigo, inician sesión co seu propio usuario e contrasinal (pertencente ao rol de alumnado) e envían o seu comentario ou post. Se teñen permisos para enviar comentarios sen aprobación este aparecerá inmediatamente debaixo do artigo (como fíos dunha conversación). Se os comentarios son moderados o profesor deberá aprobalos primeiro antes de que se publiquen.

Podedes ver un exemplo de blog con contidos moderados neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/leo


  • Outra posibilidade diferente é que o profesor e os alumnos traballen conxuntamente na edición do blog, tanto artigos como comentarios. Neste último caso os datos de usuario e contrasinal terían que ser facilitados polo profesor aos alumnos que vaian a traballar na edición do blog, polo que require un nivel de madurez e confianza dos alumnos implicados.
Por exemplo, o titor do curso podería propoñer que cada semana un alumno se faga cargo do blog, durante ese tempo o alumno terá que ir publicando artigos cos contidos aprendidos na clase, as actividades realizas que foron mais interesantes e enlaces a webs de consulta ou actividades relacionadas coa materia. Os seus compañeiros e o propio profesor poden comentar os artigos publicados.

Podedes ver un exemplo de blog con contidos moderados neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/trasnos_brigantinos



3. Comentarios moderados

Se o profesor que xestiona o blog e o administrador da web do centro así o deciden os comentarios enviados polos alumnos poden ser moderados.

O funcionamento é o seguinte:

  • Un alumno (que iniciou sesión co seu usario e contrasinal) envía un comentario dun artigo publicado no blog
  • Ese comentario NON se “ve” aínda na páxina
  • O profesor recibe un e-mail informándolle do envio dos alumnos
  • O profesor inicia sesión na páxina e revisa os comentarios, pode corrixilos, modificalos ou eliminalos e decide se os publica ou non.
  • Unha vez que o profesor decide publicalo o comentario visualízase na páxina.

Podedes ver un exemplo neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/leo


Xestión dos comentarios

Unha vez os alumnos envían os seus comentarios estes pasan a unha cola de moderación que será xestionada polo profesor.
Para acceder á cola de moderación debemos ir ao enlace "comentarios" dispoñible no bloque de navegación (Ver imaxe)

cola de moderación

Na nova xanela que se abre poderemos ver os comentarios que aínda non foron revisados, tendo a posibilidade de editalos, modificalos e se así o decidimos, publicalos.

cola de moderación de comentarios

Sempre podemos ir a ver os comentarios xa publicados e novamente editalos e se así o desexamos retiralos (nese caso volverían a cola de aprobación novamente) ou incluso eliminalos por completo.

edición de comentarios publicados

Nota: A opción de borrar non se pode desfacer, unha vez eliminado un comentario non se pode recuperar.