"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Magosto en Ribadetea

O pasado mes de novembro celebramos o magosto do CRA A PICARAÑA, nunha das súas aulas, na escola de Ribadetea... disfrutamos de talleres, xogos e sobre todo das castañas! Para ver o vídeo, clica na seguinte imaxe: 

Samaín no CRA A Picaraña. Escolas de Parada, Areas e San Mateo

Os alumn@s de Areas, Parada e San Mateo reuníronse o pasado 30 de Outubro para celebrar un terrorífico Samaín na aula de San Mateo. Ao longo da mañá realizaron 3 talleres : fixeron arañas, un vaso – pantasma e unas suculentas pizzas, as cales degustaron á hora da merenda. Todo isto xunto co xogo no exterior da escola, fixeron da xornada unha mañá terrorificamente divertida.

Samaín no CRA A Picaraña. Escolas de Ribadetea, Portela B e Pías

Celebramos o Samaín en Portela. Ás nenas e nenos de Portela B convidamos aos peques de Ribadetea e Pías a vir á nosa escola e pasámolo xenial. Fomos todas e todos disfrazados e tivemos dous obradoiros: un de manualidades no que fixemos unhas momias repoludas e outro de cociña terrorífica para despois facer un almorzo do máis tenebroso con dediños de salchicha, arañas de galleta e bocadiños monstruosos. Foi un día horripilantemente divertido!

 

Samaín no CRA A Picaraña. Escolas de Moreira e Portela A

            O martes 31 de Outubro celebramos o Samaín na escola de Moreira. Nos facía tanta ilusión, que convidamos os nenos e nenas de Portela A a pasalo día con nós. Pensamos que as mestras Eva, Paula, Maite, Clara e o mestre Miguel pasaron un pouco de medo cos nosos traxes monstruosos. Pobriñ@s!

             Fixemos un montón de cousas: Unha arañeira xigante con la, bailes de esqueletos, unha representación do conto “Corre, corre, cabaciña” e merendas terroríficas con froitas e chocolate. Por suposto, tamén estivemos xogando un bo anaco no patio. Un gran día!

 

 

 

 

 

Benvida

Dende o CRA A PICARAÑA, queremos darvos a benvida a este espazo no que ó longo do curso 2017-18, iremos colgando diferentes documentos relacionados coa nosa actividade nas aulas.

Convidámosvos a entrar e ser partícipes das diferentes dinámicas nas que participan os cativos e cativas do noso centro.

Queremos aproveitar esta oportunidade, para acercar e transmitir as características que conforman a nosa identidade; a ensinanza individualizada en grupos reducidos, a proximidade e participación das familias nas actividades das nosas aulas, sacando o máximo partido dun enclave xeográfico rural privilexiado do que disfrutar e aprender.

Dende o noso centro sentímonos comprometidos coa renovación e formación continua, polo que a innovación pedagoxía é un pilar das nosas accións. Formamos parte de diferentes plans e proxectos de formación como o Plan Proxecta ou Proxecto Voz Natura, coa finalide de ofrecer a mellor calidade de ensino ós nosos nenos e nenas.

 

 

 

ATÓPATE NO PÓSTER DA REVISTA!!!!

Distribuir contido

Back to top