"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Visita moi especial

O Profe Alberto, quixo amosar un pouco a responsabilidade que é ter unha mascota. Para iso trouxo as súas cadelas ( Trece e Rein) onde lle explicou o alumnado que procedían dunha protectora, coa finalidade de que se concienciaran de que os animais non se mercan e non se abandonan.

20 aniversario+magosto

20 ANOS DO CRA

20 miguiñas que construíron o noso camiño, o que hoxe somos. E agora, paramos o tempo para festexar, recordar e mirar cara adiante.
Somos moitxs os que levamos pouco no cole, os/as que levan máis camiño souberon amosarnos a esencia marabillosa deste CRA. Hoxe, os mestrxs, entre nós, e coas nosas familias, recopilamos lembranzas que xa fan inesquecible o gran-pequeno mundo que creamos. E vós, alumnxs, mestrxs e familias que xa non estades pero que estivestes, fixestes e fostes o cole... GRAZAS e miles de apertas, este día tamén é voso, estes anos tamén o son.
O venres 8, na aula de Ribadetea, festexamos o noso ANIVERSARIO e tamén o MAGOSTO coa festa TOMA CASTAÑA!
Agardámoste a partir das 12.00h.

Biblioteca 2019/2020

O CRA A Picaraña intégrase no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/20, recollido na ORDE do 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.

Isto supón un gran paso para o noso centro, xa que nos permite ter unha biblioteca moito máis completa e atractiva para o noso alumnado.

Para iso, todo o noso traballo relacionado coa biblioteca vai quedar recollido nun blog. Para poder acceder só teremos que facer clic na seguinte imaxe:

 

Samaín Moreira-Ribadetea

Samaín Pías-Areas

Samaín Portela-Parada

Samaín 2019

Día das bibliotecas

Distribuir contido

Back to top