"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

Magostín

OS CALACÚS

O Samaín é unha festa que provén dos nosos antepasados castrexos-celtas, pobos afoutos que viviron en Galicia.

Celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita, gardar provisións para o inverno e dar a benvida ao

Novo Ano Celta. Tiñan a crenza de que esa noite, as ánimas dos mortos volvían a visitar ás súas familias. Por iso

acostumaban a facer farois con nabos e carbón quente para guiar os espíritos bos de volta aos castros e espantar os

malos (as cabazas foron posteriores, pois importáronse de América).

Co auxe da relixión cristiá, esta antiga festa celta comezou a chamarse Día de Todos os Santos, en inglés All Hollow’s

Eve, pois en Irlanda, Inglaterra ou Escocia, onde habitaron tamén pobos celtas, mantívose a festa do Samaín, e

trasladouse a América coas emigracións, derivando no mundialmente coñecido Halloween.

O feito é que, da antiga festa celta, ao longo dos anos en Galicia mantívose a tradición de celebrar a festa da fin da

colleita mediante os magostos. E en moitos puntos de Galicia tamén se mantivo a tradición de alumear a noite con

farois feitos con nabos ou cabazas para guiar os espíritos. En Xermade, fan farois con remolachas e chámanlle

BONECAS. Nas Rías Baixas, adornan cabazas coas espigas do millo, coma se tivesen cabelo, mais non lle poñen luz

, e chámanlle CALACÚS. En Cedeira chámanlles CALIVERAS de melón. En Ortigueira CALABAZOTES, en Ourense

COLONDROS,…

Dende o EDLG da Picaraña, propoñémosvos a todas as familias que, recuperemos xuntas as

nosas tradicións e para iso realicedes o voso CALACÚ (poden estar baleiros ou non, ao xeito

tradicional), decorados con elementos naturais, como espigas, castañas, landras, noces,

follas,… ou como vos apeteza! 

O día que vos toque visitar Ganade para a celebración do Magostín, traédeo á biblioteca para

que toda a comunidade educativa poda desfrutar da vosa creación.

Back to top