"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
Os alumnos e alumnas de Areas trouxeron da casa diversos tipos de conservas diferentes ás que lles deixou Golfo na aula, a nosa mascota de biblioteca, na golfobolsa. Puideron observar as diferenzas entre os envases así como o contido das mesmas. Ademais tamén elaboraron coas súas familias receitas, libros e contos. Con todo isto fixeron un recuncho moi rico e saudable na aula.