"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

MIRÓ NO CRA

Neste segundo trimestre quixemos acercar a arte aos nenos e nenas co grandísimo artista JOAN MIRÓ, para o que utilizamos a súa faceta coma escultor. Eleximos a este gran artista pola súa simplicidade e sinxeleza nas formas que realiza e no uso das cores nas que destaca a súa orixinalidade (azul, vermella, amarela, verde e negra); Aspectos que están moi relacionados coa forma de representación infantil.

Os nenos e nenas desfrutan observando as súas esculturas imaxinando o que representa cada unha delas. Así que, se hai una artista cuia técnica e universo imaxinario se relacione fortemente co mundo infantil, ese é JOAN MIRÓ.

Como diría Mª Carmen Díez Navarro no seu libro 10 ideas clave: "Non podemos intentar meter a arte no neno, a arte sairá del se o permitimos".  (PREME NA IMAXE PARA VER UN VÍDEO DA REALIZACIÓN DO PROXECTO)

 

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Tendo en conta que para este día convocouse unha folga e para permitir que as mestras do claustro exerceran o seu dereito, organizámonos en dúas escolas: Parada e Pías.

Este motivo non foi impedimento para conmemorar este día tan especial.

Decidimos mergullar os rapaces e rapazas na importancia da labor da muller a prol da igualdade, utilizando como base esta imaxe. Preme na imaxe e verás a sorpresa que prepararon os nenos e nenas de  Ribadetea.

Traballamos distintos contidos relacionados coa igualdade; de xeito paralelo, en pequenos grupos elaboramos un marco con materiais de refugallo. 

Noutro espacio da aula creamos un "photocall" onde os nenos e nenas se caracterizaban para o posado. 

 

 

 

FOMOS DE ENTROIDO!!

O venres de entroido iamos participar no pasarrúas organizado polo Concello de Ponteareas xunto con outros centros educativos da zona. Non puido ser!!!.

A chuvia fixo que mudaran os plans e disfrutamos do día no auditorio Reveriano Soutullo cuns animadores de luxo que fixeron que os nenos e nenas, mestres e mestras o pasaran de marabilla.

Eduardo Represas visita Parada

Na escola de Parada, recibimos a visita dun artesán, Eduardo Represas. Eduardo, continuando coa tradición familiar, dedícanse á fabricación artesanal de gaitas no obradoiro xa fundado polo seu bisavó, situado na parroquia de Xinzo. Explicounos de maneira moi sinxela cal é o proceso de elaboración deste instrumento, cales son os materiais precisos e as partes máis importantes da gaita.

Para rematar, fíxonos unha pequena demostración de como sona a gaita... toda unha experiencia para os máis pequenos, quenes coas primeiras notas, levantaronse para bailar!

CONMEMORAMOS XUNTOS O DÍA DA PAZ

Participamos na actividade subvencionada polo Concello de Ponteareas "CATRO PATAS DE APOIO", obradoiro  sobre Educación en Valores asistido por cans de Terapia en contornos educativos da asociación Yuracan. O obradoiro tivo lugar no local cultural de San Mateo. O obxectivo é trasladar os beneficios que aportan os animais a entornos escolares coa finalidadede traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas.
No obradoiro trabállanse  valores como a  solidariedade, o compañerismo, o respecto, a aceptación das diferenzas, a integración, autoestima e a violencia de xénero, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

 

Os nenos e nenas tamén puideron disfrutar do conto "UNHA MAN CHEA DE BICOS" na escola de San Mateo. A mesma "Frida Kahlo" quixo participar con nós neste día tan especial. Unha sorpresa moi doce da que disfrutaron tanto os alumnos e alumnas como os mestres e mestras do centro.


.

ADMISIÓN ALUMNADO: CURSO 2018-19.

Do día 1 de marzo ó día 20 de marzo, ábrese o proceso de matriculación de novo alumnado. Visita as nosas aulas e coñece as instalacións das nosas escolas. ESPERÁMOSTE!!

Plan Proxecta: Aliméntate ben- Ponlle pilas ó teu bocata

Durante este curso 2017-18 o cole participa no Plan Proxecta proposto pola Consellería de Educación, no ámbito de “Aliméntate ben: Ponlle pilas ó teu bocata”.  A finalidade en concreto é concienciar á comunidade educativa das propiedades nutricionais das conservas de pescado e que os nosos cativos e cativas adquiran coñecementos de primeria man sobre as conservas.

Para traballar estes contidos, durante o curso en todas as escolas, levaremos a cabo diversas actividades prácticas que compartiremos a través da web, para a posta en práctica GADIS enviounos un cheque para mercar distintas conservas como punto de partida do proxecto.

 

Golfo, a mascota da biblioteca será o encargado de distribuílas ás distintas escolas. Os nenos e nenas recibirán unha carta onde Golfo propón o comezo da investigación.  

A maleta das emocións

Golfo, a mascota da biblioteca do noso cole, solicitou ó CEFORE de Vigo unha maleta de emocións coa que traballamos en todas as escolas durante estas semanas. Os contos permitíronos traballar aspectos vencellados coa intelixencia emocional, o control de emocións, a autorregulación da conducta, a tolerancia á frustración, a empatía e a asertividade... Unha morea de sensacións!!

FRIDA KAHLO “UN MUNDO POR DESCUBRIR”

No primeiro trimestre levamos a cabo un proxecto de arte, onde  coñecemos a vida e obras da importante pintora mexicana FRIDA KAHLO. Dito proxecto enmarcámolo dentro da línea pedagóxica do noso centro, a cal busca a igualdade en todos os seus aspectos. Eliximos a FRIDA, porque ademais de ser un referente no mundo do arte, foi tamén unha gran loitadora pola igualdade. Os seus cadros son un reflexo de todas a súas emocións, medos, sufrimentos, frustracións, pero tamén felicidade e amor, onde tamén expresa que o que poderíamos considerar limitacións o converte en grandes capacidades, así poderíamos definir a discapacidade como a gran “capacidade de ser capaz”(3 de decembro- Día internacional das persoas con discapacidade).

Para disfrutar do noso traballo e ver o vídeo, clica na imaxe:

Resultado de imagen de frida kahlo para niños

 

Distribuir contido

Back to top