"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

MALETA VIAXEIRA

Queremos presentarvos a nosa maleta viaxeira da Biblioteca, a cal irá acompañada sempre polos seus donos, Golfo e Golfa, levando @s alumn@s un mundo cheo de fantasía cos seus contos preferidos.

Se queredes seguir coñecendo as aventuras dos nosos amigos entrade no apartado biblioteca da nosa páxina web e no noso Instagram.

                                                                                   

3, 2, 1 ... COMEZAMOS!

       

...

ONDE ESTARÁS?

RAP: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

          Dentro das actividades que se están a levar a cabo, en referencia ao Plan Proxecta no que participamos este curso académico 2017-2018 "Ponlle as pilas ao teu bocata", os nenos e nenas do CRA A Picaraña fomos quen de facer, xunto ao noso profe de música (Miguel García Medraño), unha canción "Ponlle as pilas ao teu bocata" na que se refiren as múltiples variedades de conservas, así como os beneficios do seu consumo para unha dieta equilibrada.

E como colofón, fixemos a gravación do videoclip da canción na que participamos todos e todas os alumnos/as.

DENTRO VÍDEO!!!

VISITAMOS O GADIS

O xoves 24 de maio fomos de visita ó Gadis da Rúa Rosalía de Castro de Vigo, dentro das actividades programadas no Plan Proxecta.

Nun primeiro momento recibimos unha charla sobre alimentación saudable e a composición e importancia da pirámide dos alimentos. Despois fixemos unha visita ó supermercado onde nos foron explicando as distintas seccións.

Foi moi divertido!!!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2018

      Este ano todas as aulas do CRA A Picaraña, xuntámonos na escola de San Mateo co gallo da celebración do Día das Letra Galegas que este ano está adicado  á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005).

        

 

 

OBRADOIRO "PONLLE PILAS AO TEU BOCATA"

O pasado 27 de Abril todos os alumnos e alumnas do CRA a Picaraña participaron no obradoiro "Ponlle pilas ao teu bocata" na aula de Areas. Esta xornada tivo como obxectivo poñer en valor as propiedades nutritivas das conservas de produtos do mar a través dunha charla e de xogos, así como tamén a elaboración de bocadillos con conservas e diversos vexetais. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Alimentámonos no Crao cal se está desenvolvendo ao longo deste curso escolar con diversas actividades nas aulas.

Para completar a xornada, o alumnado participou nun circuíto de psicomotricidade e tamén gozou escoitando o conto de Nadarín.

Resultou sen dúbida, unha xornada moi agradable.

 

 

 

 

Saída didáctica o 13 de abril a APÍPOLIS

            Inmersos xa neste tercer trimestre no proxecto “As abellas”, os nenos e nenas do CRA visitamos Apípolis, unha finca ubicada en Pontevedra que naceu co obxectivo de que os cativos e cativas coñecesen en profundidade e de primeira man o mundo da apicultura.

            Resultou sen dúbida unha xornada diferente, divertida e proveitosa. Aínda que o tempo non nos acompañou, desfrutamos xuntos dun día no que, dende o primeiro intre, non paramos de traballar e aprender.

            Un equipo de monitores fantásticos tiña organizado unha morea de actividades, así que despois de agruparnos en pequenos equipos nos que estabamos mesturados, nos despuxemos a descubrir o universo das abellas.

            Fixemos unha visita guiada pola finca e descubrimos que había pequenos talleres onde realizar distintas actividades nas que tivemos que escoitar, investigar, experimentar a través de charlas explicativas, manualidades, cociñar galletas, elaborar velas coa cera que producen as abellas, visitar un enxame de abellas, visitar unha zona formativa onde en diferentes espazos íamos descubrindo a importante labor deste insecto no equilibrio da natureza.

            Mergullados na finca como auténticos apicultores, quedamos entusiasmados coa información que íamos descubrindo de xeito práctico sendo protagonistas e chegando a tódolos rincóns.

            Saír pola mañá, xogar e descubrir todas as actividades, xantar cos profes e cos nosos  compañeiros e compañeiras desfrutando ata o último intre, fixeron que Apípolis se posicione como unha das nosas saídas didácticas favoritas.

 

 

 

 

 

 

FOMOS DE TROULA Á NAVE!!!

 

(Preme na imaxe para ver a presentación)

Distribuir contido

Back to top