Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil [1] en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen [2]. Coma en anos anteriores, a IBBY [3](International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI [4]xunto coas entidades colaboradoras como GALIX [5], en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni [6], recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo [7] pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.
Links:
[1] http://www.oepli.org/pag/cas/dia.php
[2] https://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Christian_Andersen
[3] http://www.ibby.org/
[4] http://www.oepli.org/pag/gl/oepli.php
[5] http://www.galix.org/
[6] https://www.youtube.com/watch?v=D3B5t5ZqytE
[7] http://www.ziraldo.com/livros/home.htm
[8] https://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/taxonomy/term/35