XORNADA REDUCIDA XUÑO
Durante o mes de Xuño temos xornada reducida:
Entrada: 09:15h
Saída transporte: 14:45h
Comedor quenda 1 ( Infantil e 1º e 2º de Primaria) 13:05 h
Comedor quenda 2 ( de 3º a 6º de Primaria) 13:30h
Comedor quenda 3 (ESO) 14:15h
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Con motivo da conmemoración do Día do Medio Ambiente, o CPI PI. Virxe do Monte convoca un concurso de FOTOGRAFÍA.
BASES:
1. Poderá participar todo o alumnado do centro; dende El ata a ESO.
2.As fotografías deben ser da nosa contorna: paisaxes, monumentos, animais ... En definitiva, calquera cousa ou lugar especial do noso concello.
3.Cada fotografía debe ter un pé de foto indicando o seu contido.
4.Non existen categorías para os concursantes, pesto que se trata de fotos e non de traballos do alumno ou alumna.
Cada neno/a pode participar só con 1 fotografía, ben impresa (entregándoa a cada titor ou
titora) ou ben en formato dixital (enviandoa ao correo do centro cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.gal)
6.Todas as fotos recibidas no centro formarán parte dunha exposición no corredor principal. Así mesmo, todas se publicarán na web do colexio e no blog da biblioteca.
7.As fotografías seleccionadas formarán parte da CABECEIRA da nosa web.
8.O prazo para recibir as fotos será dende o 24 de Maio ata o 3 de Xuño (ambos incluidos)
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 2022-2023
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
A quen vai dirixido?
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
19/05/2022 - 22/06/2022
Documentación para a presentación:
* Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I
* ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.
* Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar
* No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.
* En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O PRAZO REMATA O 22 DE XUÑO.
Horario do centro para as solicitudes: 09:30 a 14:30h.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »