try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CPI Plurilingüe Virxe da Cela

MESA DE EXPERIENCIAS

O pasado venres 6 de abril tivemos no cole unha actividade organizada polo departamento de Orientación: unha mesa de experiencias con exalumnos nosos para que compartiran a súa experienca unha vez deixaron o Virxe da Cela. Viñeron alumnos que xa están traballando como Lorena Varela, e outros que seguen estudando como Antonio González, estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Anaís Buyo, estudante de Educación Infantil, na Universidade da Coruña. E tamén algún que se acaba de ir como Ana Pena e Sergio García, que estudan bacherelato no IES As mariñas de Betanzos.

Todos eles compartiron cos alumnos de 3º e 4º de ESO a súa experiencia e aconselláronos en canto ao seu futuro. Para nós foi unha marabilla volver a velos e comprobar o ben que se defenden polo mundo adiante.

  
 
 
Lorena nos deixou este comentario:
Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos.
 
Un saúdo dunha rapaza con moita morriña!                                 
                                                                 Lorena Varela