Algunhas aprendizaxes e descubrimentos...

Espero que o curso fose de utilidade e vos sirva para aprender algunha cousiña sobre o manexo da Aula Virtual. Eu descubrín a aprendín varias cousas coas vosas achegas e comentarios.
Das rúbricas...

No vídeo no que explico a rúbrica comento que non teño claro como facer para poñer decimais. Pois a solución era ben simple. Non hai máis que poñelos. ;). Outra cousa interesante é que as filas e columnas de niveis e criterios non teñen que ser as mesmas, É dicir que nun criterio podemos ter tres niveis de cualificación e noutro catro. Tal e como podedes ver na imaxe da rúbrica feita por María Trastoy.

Rúbrica de María Trastoy


Da cualificación do curso

Hai diferentes maneiras de ponderar cando cualificamos, por exemplo, dependendo do número de intentos de entrega que permitimos.. Eu quería ponderar cada tarefa do curso para darlle máis peso a unhas que a outras de cara á nota media final. Para facelo seguín estes pasos.

Dentro da columna de administración do curso imos a Axustes do libro de cualificacións onde veremos as tarefas e actividades  do noso curso.

Onde pon o Total do curso dámoslle a Editar cáculo

axustes

Veremos entón o seguinte:

IDs e fórmula...

O primeiro é poñer os Números ID escribindo calquera nome curto. No meu caso T1 para a primeira tarefa, etc.... Unha vez postos dámoslle a Engadir números ID e xa aparecerán tal e como podedes ver na imaxe.

A continuación poñemos a fórmula, que sempre empeza con = e pode ser tan sinxela ou complicada como queirades.

No meu caso a fórmula é a seguinte:

=sum([[T1]]*0,1;[[T2]]*0,4;[[T3]]*0,1;[[T4]]*0,1;[[T5]]*0,3)*5

Sumar as notas de cada tarefa (T1,T2,T3,T4,T5) multiplicadas (*) por 0,1 se quero que o peso sexa o 10% da nota total ou por 0,3 se o peso desta tarefa é o 30%. Ao final multiplico por 5 porque a escala das tarefas, superado-non superado daba como máxima nota un 2. E xa sabemos que 5*2=10. 

Podedes ampliar información e ver exemplos en: Cualificacións Moodle




Última modificación: Venres, 11 de Decembro de 2020, 18:24