Recursos videoconferencia

TITORIAL PARA O EMPREGO DE WEBEX POLO ALUMNADO.

Uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado

Acceso a Webex


Falemos, o novo servizo de videoconferencia

Ligazón de cceso ao servizo.

Falemos é un novo servizo de videoconferencia baseado en software libre (Jitsi) que permite realizar reunións virtuais.

O manexo é moi sinxelo:

  • Poñemos o nome da nosa reunión en:


  • Como creador e anfitrión da reunión teremos que poñer o usuario e contrasinal do correo corporativo edu.xunta.gal.
  • O seguinte paso, unha vez dentro do sistema é poñer un contrasinal á reunión na icona de información na parte inferior dereita. Será necesario darlle á tecla ENTER despois de escribila para que quede gardada.


  • Para facer a convocatoria copiamos a ligazón da reunión creada e mandámoslla aos participantes indicando tamén o contrasinal de acceso a data e a hora.
  • Na icona da dereita temos varias opcións:


  • As máis interesantes son:
    • Calidade de vídeo e son para máis ou menos ancho de banda da nosa conexión a internet.
    • Axustes da cámara de vídeo, son e outros...
    • Silenciar a todos cando sexa necesario...
    • Atallos de teclado para diferentes opcións.
  • No centro da parte inferior temos tres iconas:


    • Activar ou desactivar o micrófono
    • Saír da reunión
    • Activar ou desactivar a cámara...
  • Na parte inferior esquerda temos as seguintes iconas:


    • Compartir a pantalla. Podemos escoller a pantalla que queiramos (navegador, aplicación, escritorio, etc...)
    • Levantar a man para pedir quenda de intervención.
    • Activar o chat de texto


Última modificación: Luns, 28 de Setembro de 2020, 17:51