Dende o Departamento de Orientación desexamos que as familias vos sintades acompañadas nesta apasionante aventura que é educar aos vosos fillos e fillas.

Pretendemos que este rincón da orientación vos guíe, informe, oriente e ofreza pautas educativas a nivel familiar, escolar e social que contribúan a facer máis doada a labor de educar ao voso cativo ou cativa . 

Con este recurso que vos ofrecemos estamos tamén promovendo a cooperación entre centro e familias para acadar unha maior eficacia e coherencia na educación dos nenos e nenas.

Xuntos formamos un gran equipo!