Skip to Content

Galeano

Inicio do curso

Inicio de curso 2023/2024 - Colegio Sierra Pambley

Organización do inicio do curso 2024-2025

Data de inicio: mércores 11 de setembro

Prema para visualizar toda a información

Información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal

Neste curso 2023-2024 o CPI de Mosteiro-Meis terá implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Isto implica que o alumnado destes niveis dispoñerá dun ordenador persoal e do acceso a contidos dixitais na contorna virtual de aprendizaxe EVA E-Dixgal.

Toda a información referente ao proxecto está dispoñible neste enderezo web. É moi importante que as familias consulten o apartado "Información para as familias", do que cómpre destacas as seguintes cuestións:

Entrega dos equipos

  • O alumnado que se incorpora esta ano ao proxecto (5º de Educación Primaria, 4º de ESO e alumnado novo no centro) recibirá o seu ordenador persoal nos primeiros días do curso, acompañado dun folleto informativo e de dúas copias do acordo de cesión (unha para as familias e outra para o centro).
  • Os ordenadores do alumnado só se poderán levar para a casa unha vez que se entreguen os acordos de cesión correspondentes, asinados pola nai, pai ou titor legal de cada estudande. No caso de non entregar este acordo de cesión, o ordenador asignado poderá empregarse só dentro do centro.

Condicións de uso

No acordo de cesión detállanse as condicións de ás que está sometido o préstamo do ordenador persoal do alumnado, que resumimos a continuación:

  1. O ordenador só se poderá empregar para estudar e realizar tarefas encargadas polo profesorado. Ademais, non poderá cederse a outras persoas.
  2. Non se poden realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado nel.
  3. O alumnado debe traer a batería completamente cargada todos os días.
  4. O ordenador devolverase ao rematar o curso e cando o centro o solicite se for necesario.
  5. O ordenador poderá ser inspeccionado en calquera momento para constatar o seu estado.

Resolución de incidencias e seguro opcional

No caso de se producir unha incidencia relacionada co ordenador persoal dos alumnos, deberá notificarse o antes posible ao centro ou ao Soporte Premium. En relación con isto, cómpre ter en conta o seguinte:

  • As avarías debidas a fallos de fabricación estarán cubertas pola garantía dos equipos, polo que a reparación ou reposición non terá custo ningún para as familias.
  • A reparación das avarías non debidas a defectos de fabricación (roturas, intencionadas ou accidentais) deberá ser asumida polas familias, así coma a reposición dos equipos no caso de perda ou roubo.
  • Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional que cobre a rotura dos diferentes compoñentes do equipo, cun prezo de 49 € por curso académico. A contratación debe realizarse a través do teléfono 881 505 136.

Desde o centro recomendámoslles ás familias a contratación deste seguro, xa que a reparación dalgúns compoñentes ten un custo moi superior aos 49 € (por exemplo, a reparación dunha pantalla rota pode supoñer uns 400 €).

Se precisan máis información, poden poñerse en contacto co centro ou co Soporte Premium. Neste último caso, o servizo está dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana, a través das seguintes canles:

 

 

Libros de texto

Listaxe de libros de texto  para o curso 2024-25

 

  • Aquelas familias que teñan dereito ao cheque de libros e/ou material poderán recollelo na secretaría do centro a partir do 4 de setembro.
  • En 3º e 4º de EP  non hai que mercar libros de texto, hai  suficientes no banco de libros.
  • A partir de 5º de EP e ata 4º da ESO  non hai fondo de libros por formar parte do proxecto E-dixgal, o alumnado destes cursos será beneficiario dun ordenador portátil cos libros dixitais correspondentes.
  • Ante calquera dúbida contacten coa secretaría do centro para solicitar axuda ou información.
 

      Relación dos libros de texto do curso 2024-25. Educación Secundaria.

 

Curso

Materia

Título, autor e  editorial

ISBN

 



1º,2º,3º e 4º de ESO LIBRO DIXITAL (E-DIXGAL)

NON HAI QUE MERCAR LIBROS DE TEXTO

 

Relación dos libros de texto do curso 2024-25. Educación primaria.

CURSO

Materia

Título Título , autor, editorial e ano de publicación

ISBN

Lingua

1º EP

Lingua Castelá Un paso más PAUTA. Mochila Ligera. Construyendo mundos 9788414407585 Castelán

1º EP

Lectoescritura Construíndo mundos (1-1) 9788491853992 Galega

1º EP

Lingua Galega Construíndo mundos (1-2) 9788491855323 Galega

1º EP

 Matemáticas Mochila Ligera. Construyendo mundos  9788468071312  Castelán

2º EP

 Lingua Castelá Lengua Mochila ligera.Construyendo mundos.Santillana  9788414407622  Castelán

2º EP

 Lingua Galega Construíndo mundos.Santillana  9788491856757  Galega

2º EP

Matemáticas Mochila Ligera.Construyendo mundos.Santillana  9788414407639 Castelán

3º EP

Ciencias da Natureza

Construíndo mundos. Santillana Obradoiro.(non mercar, hai libros suficientes )

9788491854104

Galega

3º EP

Ciencias Sociais

Construíndo mundos.  Santillana Obradoiro.(non mercar, hai libros suficientes )

9788491854166

Galega

3º EP

Lengua Castellana

Construyendo mundos. Mochila ligera.Santillana.(non mercar, hai libros suficientes )

9788468072012

Catelán

3º EP

Lingua Galega

Construíndo mundos. Santillana Obradoiro.(non mercar, hai libros suficientes )

9788491854098

Galega

3º EP

Matemáticas

Construyendo mundos. Mochila ligera.Santillana.(non mercar, hai libros suficientes )

9788468071367

Castelán

3º EP

Inglés

Kids Can! Pupil's Book 3. Macmillan Education.(non mercar, hai libros suficientes )

9781380072863

Inglés

 

4º EP

Lengua Castellana

Construyendo mundos. Santillana(non mercar, hai libros suficientes )

9788414407387

 Castelán

 

4º EP

Lingua Galega

Construíndo mundos. Santillana(non mercar, hai libros suficientes )

9788491857051

 Galego

4º EP

Matemáticas

Construyendo mundos. Santillana(non mercar, hai libros suficientes )

9788414407691

Castelán

4º EP

Ciencias  Sociais

Construíndo mundos. Santillana(non mercar hai, libros suficientes )

9788491856986

Galego

4º EP Ciencias da Natureza Construíndo mundos.(non mercar, hai libros suficientes ) 9788491856924 Galego

3º e 4º  DE PRIMARIA HAI BANCO DE LIBROS, NON MERCAR SEN FALAR COA SECRETARÍA DO CENTRO.

5º E 6 DE PRIMARIA NON HAI QUE MERCAR LIBROS DE TEXTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut