Skip to Content

Educación física

XORNADA DE ORIENTACIÓN - 17 novembro de 2021 -

 

Gran xornada o día 17 de novembro para realizar un estupendo circuito de orientación no parque de O Carballiño. Ata alí fomos a maior parte dos colexios da agrupación, retomando as actividades deportivas neste curso 2021-22. Circuito sinxelo pero con bastantes puntos de control para comezar o ano deportivo.

 

¡Tod@s somos un equipo !

OLIMPÍADA ATLÉTICA e BÁDMINTON - 22 xuño 2021 -

Remate final desta atípica tempada de deporte escolar realizando unhas xornadas deportivas nas instalacións do CPI Terras de Maside facendo as seguintes actividades: campo a través, lanzamento de xavelina e bolos celtas entre outras. Ademáis o alumnado de Secundaria realizou un torneo de bádminton.

 

Boas vacacións e recordade seguir facendo deporte durante o verán!!

 

 

 

 

¡Tod@s somos un equipo !

DEPORTES NÁUTICOS -14 e 15 xuño 2021-

Dúas fantásticas xornadas de iniciación aos deportes náuticos nas inmediacións do Náutico de Castrelo de Miño.

Na xornada do 14 de xuño tanto alumnado e profes de 3º a 6º de primaria disfrutamos do deporte no medio acuático. Fixemos kayak, pedaletas, padel surf e algúns chapuzóns.

Tanto nos gustou que o 15 de xuño repetimos co alumnado de Secundaria e o seu profe Julio.


 

¡Tod@s somos un equipo !

PIRAGÜISMO DRAGÓNS - 2 Xuño 2021-

Por fin volvemos máis fortes co deporte escolar!! Actividade realizada no clube náutico de Castrelo de Miño dentro do deporte escolar neste 3º trimestre. "Dragon Boat" ou piragüismo dragóns para o alumnado de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.

Fantástica xornada deportiva no medio acuático na que retomamos o pulso ao deporte en grupo dun xeito moi especial.

 

 

¡Tod@s somos un equipo !

TORNEO BÁDMINTON CADETE -5 Marzo 2020-

 

Bo día.
 
Na xornada do xoves 5 de marzo nas mesma instalacións se disputou o torneo da categoría cadete. Gran proba xunto coa infantil do martes e moi boa participación por parte dos diferentes colexios da Agrupación do Arenteiro.
 
Parabéns a tod@s.
 
 
 
¡Tod@s somos un equipo!

TORNEO BÁDMINTON INFANTIL -3 Marzo 2020-

Bo día.

Na xornada do martes 3 de marzo comezou unha nova tempada de bádminton para a categoría infantil, celebrada no IES Nº1 do Carballiño. Día para disfrutar e gañar experiencia neste fantástico deporte.

Parabéns a tod@s!!

 

¡Tod@s somos un equipo!

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL -1 Febreiro 2020-

Bo día.

Na xornada do 1 de Febreiro disputouse o campionato provincial de Campo a través nas inmediacións das pistas polideportivas Josefina Salgado de Monterrei.

Fantástico día para a práctica do atletismo mantendo a esencia do campo a través e disfrutando da xornada entre alumnado e familiares nun marco fantástico.

Parabéns a tod@s!!

 

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 

¡Tod@s somos un equipo!

COMARCAL CAMPO A TRAVÉS PUZO DO LAGO -23 Xaneiro 2020-

Bo día.

Gran participación na xornada do xoves 23 de Xaneiro, onde tivemos representación en todas as categorías, disfrutando dunha proba esixente pero moi vistosa para @s asistentes. Acadamos bos resultados para o campinato provincial de Monterrei, a celebrar o 2 de Febreiro nas inmediacións de Pereiro de Aguiar.

Noraboa a tod@s @s participantes e parabéns @s clasificad@s!!

 

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

¡Tod@s somos un equipo!

XI CARREIRA SOLIDARIA ARENTEIRO -29 Decembro 2019-

Bo día.

O alumando de Primaria e Secundaria participou o domingo 29 de Decembro na XI Carreira Solidaria do Arenteiro (O Carballiño).

O centro tivo numerosa representación, acadando bos resultados nas diferentes categorías. Destacando a 2º praza sub 16 de Giovanni Montoya, acabando 4º na clasificación xeral da proba.

Parabéns a tod@s !!

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 ¡Tod@s somos un equipo!

Distribuir contido


by Dr. Radut