Traballos para que o alumnado faga dende a casa

O profesorado segue ensinando na rede. Contamos con tres formas para enviar traballos ao noso alumnado e comunicarnos con eles.

A Aula Virtual da nosa páxina web. Pódese descargar un tutorial para o acceso do alumnado en adxuntos. (É moi doado!)

O Telegram. (Supersinxelo!) Creamos un Canal Aberto en Telegram, onde se poñerán traballos para diferentes grupos de alumnado e diferentes materias. Como funciona?:

  • Descargar e instalar a app Telegram no móbil.
  • Unha vez instalada, na lupa da esquina superior dereita, buscar "cpiorosal". Unha vez atopado, clickar no grupo e darlle a "unirme".
  • Se se prefire facelo con ordenador, tamén se pode acceder pola web de Telegram (haberá que instalar primeiro a aplicación web de Telegram, unha vez que xa teñamos a app Telegram no teléfono), mediante un navegador calquera, e o enlace é: t.me/cpiorosal
  • Máis información sobre as canles de Telegram: FAQ-Telegram

Métodos particulares de diferentes mestres/as e profes: Hai profes que xa teñen canles habituais de contacto cos seus rapaces/as (Whatssap, etc). Pero pode darse o caso de que algunha familia reciba no móbil un convite dalgún/nha profe do seu fillo ou filla para enviarlle traballo, entrar nun grupo de difusión, etc.

Por último, gustaríanos compartir a seguinte información sobre o ensino na rede: Cinco cuestións previas

Para problemas co acceso á aula virtual, contactar con: gutier.matematicas@gmail.com

 

Actualizado:

Luns, 4 Maio, 2020 - 17:30


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.