Tedes ata o día 31 de Maio para entregarme todas estas tarefas. Ánimo a todos/as!! Un graaan saúdo
LENGUA CASTELLANA:
Acceder polo libro dixital ao Tema 10 “He aprendido”. Facer os exercicios 33 e 34.
Acceder polo libro dixital ao Tema 11 “La sílaba”. Ler con atención, isto xa o dimos como repaso a principio de curso. Facer os exercicios 20 e 21.
MATEMÁTICAS: Repasar as táboas de multiplicar (importantísimas sabelas de cabeza para 4º de primaria).
Tema 8, páxina 107 do libro de texto, facer os exercicios: 21, 23 e 26.
Como repaso, facer as operacións desta ficha (coidado coas levadas).
LINGUA GALEGA:
Tema 10, páxina 125 do libro de texto “Lectura recomendada”, copiar con boa letra no caderno e continuar coa historia, empregade ben a vosa imaxinación!!
Tema 10, páxina 126 do libro de texto, facer os exercicios 2 e 3.
CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS: Escollede o caderno de natu ou soci (o que prefirades), facedes a redacción dunha planta (árbore, arbusto, flor...) e debuxádela coas súas partes. Nela, teñen que aparecer redactados os seguintes apartados:
- O seu nome e descrición física (tamaño, cor...)
- Funcións vitais (como se relaciona, alimenta e se reproduce)
- Clasificación: plantas con/sen flores, tipo de talo/tronco, semente/froitos que nos proporciona...
- Lugar/paisaxe onde habita.
- Coidados que necesita.
- Curiosidades.
Adxúntovos esta ficha que podedes utilizar como guía, eu fíxena do toxo, polo que ese arbusto xa está escollido
MÚSICA:
Cantar unha canción popular galega ou que coñezades en galego, pode ser a capella, acompañados por algún instrumento ou usar como base o computador, tamén vos pode axudar algún familiar. Facedes vídeo e enviádesmo ao correo.
Na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=M8BWJRkAOhI podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados ata o de agora . Iremos facendo máis cos traballos que vaiades mandando.
ENGLISH:
EDUCACIÓN FÍSICA: CLICK AQUÍ
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Son un toxo.pdf | 229.04 KB |
Ficha repaso operaciones.pdf | 200.25 KB |