Durante o terceiro trimestre o Departamento de Música seguirá traballando telemáticamente ou de maneira presencial, se fose o caso, co seu alumnado. Aínda que os contidos desta 3ª avaliación non son avaliables, sí será avaliable a implicación e o traballo do alumnado, é dicir, todas as actividades que se leven a cabo serán tidas en conta de xeito positivo para a calificación do alumnado. Tamén se elaborarán actividades de recuperación destinadas a aquel alumnado que teña algunha/s avaliación/s suspensa/s ou ben a materia pendente de cursos anteriores, facilitando así a superación da mesma.
No que respecta á avaliación farase do seguinte xeito:
-O alumnado que teña as dúas avaliacións presenciais aprobadas cunha calificación de 5 ou superior terán a materia aprobada. A súa nota sería a media aritmética das notas obtidas nas dúas avaliacións presenciais.
-O alumnado que teña as dúas avaliacións presenciais aprobadas cunha cualificación de 5 ou superior e participe no traballo desenvolvido neste terceiro trimestre terán aprobada a materia. A súa nota sería a media aritmética das notas obtidas nas dúas avaliacións presenciais, podendo verse incrementada ata en dous puntos dependendo do grao de implicación e a corrección do traballo levado a cabo durante este período de confinamento.
-O alumnado con algunha/s avaliación/s suspensa/s terá que realizar as tarefas que o profesorado lle fará chegar telemáticamente . Ditas tarefas consistirán en cuestionarios, fichas, etc. relativas aos contidos teóricos e prácticos da materia. Ese sería o traballo a ter en conta para decidir se queda superada ou non a materia. De darse a posibilidade de incorporarse ás aulas en xuño, faríase unha proba escrita (contidos teóricos) e unha proba práctica (contidos prácticos) que contarían un 60% e as tarefas enviadas o outro 40%.
-O alumnado que teña a materia pendente de cursos anteriores terá que realizar as tarefas que o profesorado lle fará chegar telemáticamente. Ditas tarefas consistirán en cuestionarios, fichas, etc. relativas aos contidos teóricos e prácticos da materia. Ese sería o traballo a ter en conta para decidir se queda superada ou non a materia. De haber a posibilidade de incorporarse ás aulas en xuño, faríase unha proba escrita (contidos teóricos) e unha proba práctica (contidos prácticos) que contaría un 60% e as tarefas enviadas o outro 40%.
Todo o recollido anteriormente pode ser susceptible de cambios no caso de que a Consellería emita outras indicacións.