Actividades para a primeira semana de abril

As actividades que se propoñen para esta semana podedes facelas todas no libro dixital en internet, como cando proxectabamos na aula a pizarra dixital (entrades en edubook.vicensvives.digital e metedes o voso contrasinal). Lembrade: antes de comezar a realizar as actividades debedes de ler detidamente o contido (explicación).

Non é necesario facelos na libreta porque dende o libro dixital xa mos enviades para correxir. Se algún non ten internet e non pode facelos no libro dixital que os faga na libreta.

As intruccións para entrar no libro dixital están colgadas na web do colexio. Se algún ten problemas para acceder pode escribirme un correo e tentaremos solucionalo.

Un saúdo a tod@s.

Pronto estaremos todos de novo no colexio.

MATEMÁTICAS

TEMA 9. LONGITUD Y SUPERFICIE.

LONGITUDES CON NÚMEROS DECIMALES, EL CENTÍMETRO CUADRADO Y MEDIDA DE LA SUPERFICIE:ÁREA.

PÁXINAS 121, 122, 123 Ler explicación e facer todas as actividades.

PÁXINA 124 ejercicios 3 e 4.

 

LENGUA CASTELLANA

TEMA 9. LECTURA: La comida enlatada.

 Leer detenidamente y hacer actividades 1, 3 y 5.

 

LINGUA GALEGA

TEMA 9. Gramática As conxugacións verbais. Ler explicación e facer actividades 7, 8, 9, 10 e 11 da páxina 108.

Ortografía da letra V. Facer as actividades páxina 109.

 

SOCIAIS

TEMA 5. A POBOACIÓN E O TERRITORIO

A poboación e a súa distribución. Ler as páxinas 70 e 71 e facer as actividades 1, 2, 3 e 4.

 

NATURAIS

TEMA 6. A ENERXÍA

Qué é a enerxía? Ler páxinas 94 e 95 e facer as actividades 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

 

Powered by Drupal - Design by artinet