Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2017 - 2018

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018

 Solicitude de admisión(alumnado de novo ingreso)

   Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo

  Documentación a entregar:

      • Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na web do centro.

      • Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

      • D.N.I do pai/nai ou titores legais.

      • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.

      • No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

Publicación de admitidos/as:

 Listaxe provisional: 25 de abril.

 Listaxe definitiva: 15 de maio.

  Formalización de matrícula:

 Prazos de formalización:

 Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

 Educación Secundaria:

 Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo

 Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro

  A normativa reguladora do proceso de admisión, así como os postos escolares vacantes e a oferta de servicios complementarios do centro atópanse dispoñibles no taboleiro do colexio e na páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/cpifontediaz

 Para calquera outra dúbida, consultar información na secretaría do centro, no teléfono 981504027 ou no enderezo cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es

 

RESERVA DE PRAZA PARA BACHARELATO. CURSO 2017/2018

Dende este curso o noso centro está adscrito aos centros de Bacharelato IES As Fontiñas e IES A Pontepedriña de Santiago. Isto significa que o alumnado de 4º ESO que queira cursar Bacharelato nos citados centros, terá prioridade para a admisión neles.

  • O alumnado que teña previsto escolarizarse no vindeiro curso escolar nun destes dous centros debe facer a RESERVA DE PRAZA no CPI Fonte Díaz. Para iso debe entregar, antes do 15 de febreiro, o impreso ED550A que se adxunta debidamente cuberto, ou ben facer a solicitude a través do enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado. O día 28 de febreiro publicaráse a adxudicación definiva. 

  • O alumnado que teña previsto escolarizarse nun centro distinto a estes dous debe facer a solicitude de ADMISIÓN no centro escollido do 1 ao 20 de marzo, entregando o impreso ED550B que estará dispoñible na secretaría, na páxina web ou poderá ser tamén cuberto online a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

Fondo de Libros de texto Secundaria

En Secundaria todas as solicitudes están admitidas NON habendo ningún alumn@ excluído. A adxudicación e a listaxe dos libros será o 15 de setembro segundo a Orden 27 de abril de 2016 (DOG 16/05/2016).

Listaxe DEFINITIVA Fondo de Libros de texto de Primaria

  • Procedemos a publicar as listas DEFINITIVAS de libros de préstamo cara o curso 2016/17. Nas listas figuran os libros que serán entregados a cada alumno/a por parte do Centro.
  • O resto dos libros deberán ser mercados ata completar a lista publicada para cada curso.
  • Os libros serán entregados en setembro.
Distribuir contido