Saltar navegación.
Inicio

Samain

Chegou a hora de Samagostármonos!

Chegou a hora de Samagostármonos!

Estamos ás portas do Samaín e do Magosto. Por iso queremos samagostarnos... Samagostar consiste en gozar con estas dúas festas populares galegas que empregan os cabazos e as castañas como base fundamental. Con elas entramos de cheo na outonía e lembramos tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, do CPI Fonte Díaz, e dende a súa páxina, www.facebook.com/movealingua, temos preparadas moitas actividades para celebrar estas datas.

  • Concurso de microrrelatos de medo, que se colocarán nas portas das aulas. No ENDL temos cartolinas ligadas co Samaín e co Magosto para que, se queredes, escribades as vosas historias baixo as formas de cabazas, castañas, morcegos... Debedes entregar as historias en formato dixital antes do 26 de outubro. As historias aparecerán en www.facebook.com/movealingua .O xurado escollerá a gañadora de entre as que teñan máis “gústames”. Lecturas dramatizadas de medo. Os cursos que o decidan poderán realizar lecturas dramatizadas na biblioteca a outros cursos. Esta actividade pode desenvolverse grazas ao apoio desinteredado do Equipo da Biblioteca do Centro, que tamén vai realizar unha interesante exposición de libros de medo. Os cursos que queiran ler e os que queiran escoitar deben apuntarse no ENDL. A lectura levarase a cabo o día 29 de outubro.
  • Elaboración de receitas de sobremesas que estean feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Podedes ir colgando e compartindo con todos e todas nós as vosas receitas e pratos na páxina www.facebook.com/movealingua.
  • Creación de figuras e decoracións con cabazas, castañas ou que fagan referencia ao Samaín e ao Magosto. Serán colocadas nos corredores. Pódense fotografar aquelas que fagades na casa e non poidan chegar ao centro escolar e colgalas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua. O día para entregar as figuras feitas con cabazas e castañas é o 26 de outubro.
  • Elaboración de sobremesas feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Estas sobremesas e as castañas serán degustadas no comedor o día 29 de outubro, polo que a mellor data para que cheguen onda nós será ese mesmo día. Todos aqueles e aquelas que non poidan compartir fisicamente as súas sobremesas poden facelo de xeito virtual partillándoas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua .
  • Realización de fotos do outono que podedes compartir en Movealingua e que serán premiadas. O ENDL do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas.

Alén diso, o ENDL ten a disposición de todo o profesorado unha unidade didáctica sobre o magosto. Esperamos que poidades colaborar para practicar o Samagosto, esa festa que inventamos en Touro e que é de todas e de todos. Grazas de novo! 

O Samain en Touro

   Este mes de  Outubro celebramos o Samaín e o Magosto coas seguintes actividades:

 EXPOSICIÓN DE CABAZAS ADORNADAS

  DEGUSTACIÓN DE POSTRES CON FROITOS DO OUTONO 

 MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE O TEMA........WEBS DE INTERESE

   XOGOS  

  E CASTAÑAS ASADAS PARA TODOS

                                                          

Pincha nas filas da táboa e mira as fotos e os vídeos do 2009 

 EXPOSICIÓN DE CABAZAS. OUTONO 2009
VÍDEO DO SAMAÍN 2009
   DEGUSTACIÓN DE POSTRES
   RECETARIO

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido