Saltar navegación.
Inicio

Actividades

8 de marzo. Día da muller

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

O ENDL do CPI de Touro quere celebrar con todas e todos vós o Día da Muller. Sabemos que a educación é o medio máis importante para acadar a xustiza e o progreso dos pobos, por iso cremos que a igualdade de xénero, como ben común que é, debe estar presente nas actividades do noso centro. Para facelo, propoñemos unha serie de actividades coas que toda a comunidade escolar poida reflexionar acerca da importancia desta data e, sobre todo, do obxectivo que esta representa.

Aulas son mulleres

Cada aula elixirá o nome dunha muller que destaque polas súas achegas á sociedade, á arte, ao deporte, á educación, á política, á literatura, á música... As mozas e mozos, axudados polo titor ou titora, colocarán na porta o nome e a foto ou imaxe da seleccionada, acompañada dun breve resumo da súa vida e obra. As cartolinas deben estar colocadas na semana do 9 de marzo, pero xa poden ir sendo postas na anterior.

Mil razóns para o 8 de marzo

Cada aula creará un lema cunha razón pola que aínda debemos celebrar o 8 de marzo. O lema, no que se indicará a clase que o elaborou, será metido nunha urna que estará situada no corredor. Os lemas, que deben estar feitos na semana do 2 ao 6, aparecerán logo nos taboleiros da planta baixa. Animamos tamén ao persoal non docente, ás nais e pais, antigas alumnas e alumnos, etc a que fagan os seus lemas e os coloquen na urna.

Grazas, coma sempre, pola vosa colaboración e traballo. Pero, sobre todo, grazas por facer co voso esforzo que todos os días se transformen nun camiño cara á igualdade.

Equipo de Normalización e Dinamización CPI Touro

Apalpa o inverno....

Apalpa o inverno...

Con motivo da chegada do inverno, o ENDL do CPI de Fonte Díaz quere convocarvos a todos e a todas a unha serie de actividades centradas este ano na figura do Apalpador. Este ser mítico, un carboeiro bondadoso, habita nas montañas do oriente de Galiza e baixa a entregar castañas, mel e queixo aos cativos e cativas da nosa terra... O Apalpador apalpaba as súas barriguiñas para saberen se os nenos e as nenas tiñan fame e comían. Para celebrarmos estas datas a súa figura solidaria vainos servir de guía.

Concurso de Postais. Terán como tema o inverno, o Nadal e a propia figura do Apalpador. O tamaño será de medio folio A4 e estará dirixido aos seguintes niveis:

•   Educación Infantil
•   Antigo 1º Ciclo de Primaria
•   Antigo 2º Ciclo de Primaria
•   Antigo 3º Ciclo de Primaria
•   Secundaria

As postais gañadoras, unha por nivel, agás en Infantil que poden ser máis, serán publicadas en www.facebook.com/movealingua e a máis representativa será publicada en papel. A data límite para entregalas será o luns 15 de decembro.

Concurso de Adornos reciclados. As aulas que o desexen poderán adornarse empregando refugallos e material reutilizado. Estes adornos poden facer referencia ao inverno, á propia figura do Apalpador... Os niveis coincidirán cos das postais e haberá un único premio por nivel. A data límite será o luns 15 de decembro. Serán publicados en www.facebook.com/movealingua

Concurso de narracións. Baseándonos na figura dese carboeiro, haberá un concurso de narracións solidarias. Aínda que a técnica será libre o tema terá que ver coa solidariedade e a axuda para vencer as inxustizas. A data límite será o luns 15 de decembro e haberá dous premios por nivel.

Dende o ENDL agradecemos de novo a vosa colaboración e entusiasmo.

25N. Fotos

Compartimos con todas e todos algunhas das actividades realizadas no Centro.

FOTOS

Recordarvos que tamen podedes ver fotos na páxina de movealingua en facebook

25 N. Eliminación da violencia contra a muller

O ENDL do CPI Fonte Díaz propón unha serie de actividades cara á semana do 25 de novembro, “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER”. Con elas queremos sensibilizar a toda a comunidade escolar na importancia da loita contra a violencia sexista.

As actividades que propoñemos son:

-OS ROSTROS DO MALTRATO, dirixida a todo o alumnado da ESO. Polos corredores colocaranse perfís de mulleres que foron asasinadas este ano. Indicando o seu nome e quen foi o seu asasino. Cada moza e mozo traerá varias fotos de mulleres, que poden ser seleccionadas nas titorías ou na casa, e colocaraas a carón de cada un dos perfís.

-BOLBORETAS DA ESPERANZA, unha actividade para realizar en Educación Primaria. As alumnas e os alumnos realizarán bolboretas nas que expliquen a que se debe este día e coloquen lemas contra o maltrato. Os elementos creados serán expostos nos corredores e na páxina Movealingua.

-LEMAS CONTRA O MALTRATO, cada aula debe seleccionar un ou varios lemas contra o maltrato e debe colocalos na porta. Será o desexo de cada aula para que esta realidade remate.

-CARTAS DENDE A DESESPERANZA, dirixida á ESO. As cartas poderán ser individuais ou realizadas de xeito colectivo. Nelas, asumindo a voz dunha muller que sufra algún tipo de maltrato, expoñeremos as situacións nas que se encontran moitas mulleres deste mundo. Entregarase un premio á carta gañadora. O prazo para a entrega será o venres 28 de novembro.

-LAZO CONTRA A VIOLENCIA. As alumnas e os alumnos de Infantil elaborarán un gran lazo contra a violencia onde deixarán a súa pegada e manifestarán a importancia da non violencia.

-VIDEOFORUM. O día 25 os alumnos e alumnas do Segundo Ciclo da ESO asistirán á proxección dun filme no que se amosa unha das caras do maltrato. Á proxección seguiralle un debate e estará organizado polo Departamento de Orientación.
-PALABRA DE MULLER. Na biblioteca elaborarán un díptico onde se recollan libros que tratan o tema da violencia de xénero, cunha breve sinopse acerca do seu contido e intencións.

Coma sempre, o ENDL quere agradecer a vosa colaboración desinteresada á hora de tratar unha realidade inxusta e cruel. Sabemos que dende a escola podemos sementar novas realidades e axudar a mudar as inxustizas.
ENDL do CPI FONTE DÍAZ
Foto: O ENDL do CPI Fonte Díaz propón unha serie de actividades cara á semana do 25 de novembro,  “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER”. Con elas queremos sensibilizar a toda a comunidade escolar na importancia da loita contra a violencia sexista.

As actividades que propoñemos son:

-OS ROSTROS DO MALTRATO, dirixida a todo o alumnado da ESO. Polos corredores colocaranse perfís de mulleres que foron asasinadas este ano. Indicando o seu nome e quen foi o seu asasino. Cada moza e mozo traerá varias fotos de mulleres, que poden ser seleccionadas nas titorías ou na casa, e colocaraas a carón de cada un dos perfís.

-BOLBORETAS DA ESPERANZA, unha actividade para realizar en Educación  Primaria. As alumnas e os alumnos realizarán bolboretas nas que expliquen a que se debe este día e coloquen lemas contra o maltrato. Os elementos creados serán expostos nos corredores e na páxina Movealingua.

-LEMAS CONTRA O MALTRATO, cada aula debe seleccionar un ou varios lemas contra o maltrato e debe colocalos na porta. Será o desexo de cada aula para que esta realidade remate.

-CARTAS DENDE A DESESPERANZA, dirixida á ESO. As cartas poderán ser individuais ou realizadas de xeito colectivo. Nelas, asumindo a voz dunha muller que sufra algún tipo de maltrato, expoñeremos as situacións nas que se encontran moitas mulleres deste mundo. Entregarase un premio á carta gañadora. O prazo para a entrega será o venres 28 de novembro.

-LAZO CONTRA A VIOLENCIA. As alumnas e os alumnos de Infantil elaborarán un gran lazo contra a violencia onde deixarán a súa pegada e manifestarán a importancia da non violencia.

-VIDEOFORUM.  O día 25 os alumnos  e alumnas do Segundo Ciclo da ESO asistirán á proxección dun filme no que se amosa unha das caras do maltrato. Á proxección seguiralle un debate e estará organizado polo Departamento de Orientación.

-PALABRA DE MULLER. Na biblioteca elaborarán un díptico onde se recollan libros que tratan o tema da violencia de xénero, cunha breve sinopse acerca do seu contido e intencións.

Coma sempre, o ENDL quere agradecer a vosa colaboración desinteresada á hora de tratar unha realidade inxusta e cruel. Sabemos que dende a escola podemos sementar novas realidades e axudar a mudar as inxustizas.

ENDL do CPI FONTE DÍAZ

Dia da Ciencia en Galego

Hoxe celebramos o Día da Ciencia en Galego. Fixémolo asistindo a unha conferencia sobre programación informática acompañados e acompañadas de 4200 colegas. Unha festa para o galego!

FOTOS

Velaquí tedes a presentación que hoxe puidemos ver na videoconferencia do Día da Ciencia en Galego. Porque o galego é unha ciberlingua!

http://es.slideshare.net/mcaeiror/intro-aprogramacion5nov2014

Samagosto

Practica o    Samagosto

Estamos ás portas do Samaín e do Magosto. Por iso queremos que te samagostes... Practicar o Samagosto consiste en gozar con estas dúas festas populares galegas que empregan os cabazos e as castañas como base fundamental. Con elas entramos de cheo na outonía e lembramos tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, do CPI Fonte Díaz, e dende a súa páxina, www.facebook.com/movealingua, temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas datas.

•  Durante todo o mes as distintas titorías poden realizar microrrelatos de medo, que colocarán nas portas das aulas. No ENDL temos cartolinas ligadas co Samaín e co Magosto para que, se queredes, escribades as vosas historias baixo as formas de cabazas, castañas, morcegos... Algunhas das historias aparecerán en www.facebook.com/movealingua. Así todos e todas ficaremos aterrados!
• Elaboración de receitas de sobremesas que estean feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Podedes ir colgando e compartindo con todos e todas nós as vosas receitas e pratos na páxina www.facebook.com/movealingua.

•  Creación de figuras con cabazas, castañas ou que fagan referencia ao Samaín e ao Magosto. Serán colocadas nos corredores. Pódense fotografar aquelas que fagades na casa e non poidan chegar ao centro escolar e colgalas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua. O día para entregar as figuras feitas con cabazas e castañas é o luns 27.
• Elaboración de sobremesas feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Estas sobremesas e as castañas serán degustadas no comedor o día 29, polo que a mellor data para que cheguen onda nós será ese mesmo día. Todos aqueles e aquelas que non poidan compartir fisicamente as súas sobremesas poden facelo de xeito virtual partillándoas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua .

• Realización de fotos do outono que podedes compartir en Movealingua.

O ENDL do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar para practicar o Samagosto, esa festa que acabamos de inventar en Touro e que promete moito. Grazas de novo!

ENDL do CPI Fonte-Díaz

O mes das Letras, o mes da Lingua

O MES DAS LETRAS, O MES DA LINGUA

Xa estamos en maio, o mes no que homenaxeamos á nosa lingua da man das Letras Galegas, dedicadas este ano á figura de Xosé María Díaz Castro (http://www.poetadiazcastro.com ). Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI (ENDL) de Touro, temos unha chea de actividades  para realizar durante todo este mes.

ü  Asistencia a filmes o venres 16 de maio. Haberá varias sesións para as distintas etapas educativas: 2º, 3º, 4º, 5º Primaria de 9,45 a  11,15;  Infantil e  1º Primaria de 11,15 a 12, 45; ESO de 12,45 a 15, 30.

ü  Actuación da aula de teatro do CPI Fonte Díaz .

ü  “Ler conta moito”, actividade sobre o poema “Esmeralda” de Díaz Castro, realizarase o xoves 15  e está destinada a alumnos e alumnas de Primaria.

ü  Música nas letras. Haberá música en directo con gaitas o venres 16. Alén diso, durante a semana do 12 ao 16 colocaremos música galega nos corredores, para que todas e todos poidamos gozar coas cancións da nosa terra.

ü  Charla-concerto de Hip-Hop a cargo de García, cantante do grupo “Dios ke te crew”. Estará destinada a alumnos da ESO. A data será concertada co artista.

ü  Concurso de marcapáxinas con lemas normalizadores para Educación Infantil e Primaria. O marcapáxinas gañador será impreso e, á parte, haberá un premiado por cada ciclo.  A data límite para a entrega será o 26 de maio

ü  Concurso de carteis de Educación Secundaria. Os carteis estarán dedicados á vida e obra de Díaz Castro e poden realizarse con diferentes técnicas, incluídas as informáticas, pero deberán ser presentados en formato físico.  A data límite para a entrega será o 26 de maio. Haberá un gañador ou gañadora.

ü  Exposición “O quechua tamén é noso”, na que colocaremos datos sobre esa lingua milenaria que compartimos con parte do alumnado do noso centro.

ü  Exposicións na biblioteca: Historia do libro e Historia da literatura.

ü  Asistencia á exposición sobre a “Obra e vida da figura de Díaz Castro”, situada xa no corredor dos departamentos de linguas e sociais de Secundaria.

Agradecemos de novo a colaboración de todas e todos para poder levar a cabo as actividades e propostas que temos para estas datas. A páxina Movealingua irá compartindo con toda a comunidade educativa boa parte delas.

Día do Libro

Abril, o mes do libro

Abril é o mes do libro e, dende o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística (ENDL) do CPI de Touro, temos unha chea de propostas para celebrar, durante estas semanas, a importancia de ler e gozar facéndoo.

Os libros que nos gustan: Cada clase elixirá, como favoritos, varios libros escritos ou traducidos á lingua galega. Tras a escolla, as clases colocarán unha lista na porta cos seus títulos e capas. Cando teñan escollido un libro, Movealingua gravará o que opinan os alumnos e alumnas das distintas clases sobre eses libros.

Cóntoche un conto: Da lista de libros favoritos feita por cada clase, seleccionaranse varios anacos que serán lidos por lectores de 3º e 4º da ESO. As lecturas faranse durante o 23 de abril, Día do Libro.

Así escribimos!: Na biblioteca farase unha exposición sobre a historia do libro, da literatura e da escritura. Convidamos a todos os membros da comunidade escolar a que aporten materiais e fagan unha visita a este evento cultural.

Entrega de premios ás máis lectoras e aos máis lectores, así como aos gañadores ou gañadoras do concurso Fainos visibles.

Agradecemos unha vez máis a vosa colaboración e axuda. Sabemos que entre todas e todos celebraremos un gran Mes do Libro.

Entroido en Touro

O ENTROIDO

Un ano máis chega o Entroido e, dende o Equipo de Nornalización e Dinamización Lingüística, ENDL, do CPI de Touro, queremos celebralo cun montón de actividades. Con elas pretendemos recuperar as valiosas tradicións que existen na nosa bisbarra. Como sabedes, os Xenerais do Ulla foron declarados Festa de Interese Turístico, polo que sería un orgullo que toda a comunidade escolar participase na rehabilitación deste ben patrimonial.

• O noso centro celebrará o Entroido o día 28 de febreiro, data na que faremos un desfile pola vila de Fonte Díaz. O ENDL anima á participación das nais e dos pais, e de distintos membros da comunidade escolar que poden vir disfrazados. Ao mesmo xeito, no desfile haberá música, polo que tamén convidamos ao todos os membros da comunidade escolar, incluíndo a antigos alumnos e alumnas, a que boten unha man tocado os instrumentos que saiban, para facelo e ensaiar poden falar co colexio e co profesor de música Daniel García. O  desfile estará precedido por Xenerais e ‘Xeneralas’ que farán un atranque no noso colexio.
• Crearanse varios obradoiros para a creación de disfraces en colaboración co Concello. Este anos os cursos onde se celebrarán os obradoiros son 3º e 4º de Primaria.
• Á hora de dividir os disfraces, Educación Infantil  irá de época, o que no Entroido do Ulla se denomina “bonitos e bonitas”; 1º e 2º de Educación Primaria irán disfrazados de vellos e vellas; 3º e 4º tamén de “bonitos e bonitas” ; 5º e 6ºcuras e monxas. En Secundaria darase liberdade para escoller os disfraces tendo en conta que os personaxes do Entroido do Ulla son xenerais, vellos, correos, vellos dos cornos...
• O día 28 tamén se realizará un enterro no que as carpideiras ou ‘plañideiras’ chorarán tras o defunto.
• ENDL ten tamén moito interese en recoller material sobre o Entroido do Ulla (fotografías, textos dos correos, atranques, discursos dos frades). Parte deste material será exposto no colexio e colgado na nosa páxina www.facebook.com/movealingua . O material será entregado, indicando o nome dos seus donos, en dirección. Ao cabo dun tempo será devolto a eles logo de ser dixitalizado, fotografado ou copiado.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade escolar e animámosvos a que entre todas e todos recuperemos este Entroido, por fin recoñecido en toda Galiza.

Distribuir contido