Saltar navegación.
Inicio

O recuncho dos científic@s

Pequenas pinceladas

Comezamos esta sección con dúas pequenas homenaxes, necesarias e moi importantes. Posteriormente incluiremos nela periódicamente unha pequena reseña biográfica de algunha persoa destacable na Física ou na Química. 

 

 

 

Mulleres de ciencia 

Dende aquí unha homenaxe a aquelas mulleres que sufriron as consecuencias de vivir en épocas nas que "non era moi recomendable" adicarse ao estudio da ciencia en calquera das súas vertentes e foron anuladas ou negadas. Sen embargo, aínda que en pequenas doses, a contribución das mulleres ao descubrimento científico vén dende hai moito tempo. Moitas tiveron que loitar para entrar nun mundo de homes, incluso asumindo a aparienza dun varón; a outras fóronlles negadas as súas aportacións, que pasaron á historia como contribución dun home (o seu marido, o seu pai ou o seu profesor titor en ocasións). Os exemplos que aqui aparecen non son máis que algúns dos que se poden atopar; todo está documentado pero aínda hai que segue a negar eses feitos. O traballo que aqui vos amosamos foi recopilado polos alumnos de 3º ESO do IES da Illa de Arousa no curso 2001-2002 co gallo da conmemoración do Día da Muller o 8 de Marzo. Se queredes velo premede na seguinte imaxe:

Hipatía de Alejandría (370- 415) 

Se vos interesa ler algo máis sobre o tema: http://www.enciga.org/boletin/61/mulleres_con_ciencia_na_historia.pdf

 

 

Os homes e mulleres de ciencia da nosa terra

E, xa que non se celebra o "Día das Ciencias galegas" (que dende aquí reivindicamos), vai aí tamén a nosa homenaxe aos galegos e galegas de ciencia. Hai moitos máis dos que pensamos, e abarcan tódolos campos do saber científico. Premendo na seguinte imaxe  salientamos unha pequenísima mostra:

Casares Rodriguez (1812-1888)

Distribuir contido