Skip to Content

Transporte

INSTRUCCIÓN SAIDA DO ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO

Ante diversas consultas formuladas diante das Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre a saída dos alumnos e a súa recollida nas paradas do transporte escolar, enviamos como documento adxunto a instrución 9/2017 (remitida xa no seu momento aos centros) da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos escolarizados nos centros educativos públicos da Comunidade Autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023.

En educación infantil, primaria e ESO as clases comezarán o día8 de setembro de 2022 e rematarán o 21 de xuño de 2023.

O transporte e o comedor escolar comezarán a funcionar o día 8 de setembro.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut