FELICES VACACIÓNS
Enviado por de.cima o Ven, 29/07/2022 - 12:53
As clases comezarán o 8 de Setembro nas tres etapas:Infantil, Primaria e ESO
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDO LIBROS - CURSO 2022-2023
Enviado por mpparente o Xov, 14/07/2022 - 14:07Xa está dispoñible, na conserxería do edificio de Secundaria, a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros para o vindeiro curso 22-23
Prazo límite para recoller o vale para adquirir material e/ou libros, o venres 22 de xullo.
Horario de atención de 10:30 a 13:30.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023
Enviado por mpparente o Lun, 11/07/2022 - 18:00LISTA NOS ADXUNTOS
FONDO LIBROS 22-23
Enviado por mpparente o Lun, 11/07/2022 - 14:08Xa están as listaxes provisionais de fondo de libros.
Pódense consultar na conserxería de Secundaria.
Prazo de reclamación 2 días dende a súa publicación.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023
Enviado por de.cima o Sáb, 09/07/2022 - 12:24Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023.
En educación infantil, primaria e ESO as clases comezarán o día8 de setembro de 2022 e rematarán o 21 de xuño de 2023.
O transporte e o comedor escolar comezarán a funcionar o día 8 de setembro.
A dirección
PLAN DIXITAL
Enviado por de.cima o Ven, 08/07/2022 - 20:57No arquivo adxunto poden ver o Plan Dixital do CPI da Cañiza que se porá en funcionamento no vindeiro curso 2022-2023.
A dirección
ADMISIÓN A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO BÁSICO. LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES (22-23)
Enviado por mpparente o Ven, 08/07/2022 - 13:44
Hoxe foron publicadas no portal de FP as listaxes de solicitudes provisionais de formación profesional de grao básico.
Período de emenda ata o 12 de xullo ás 13:00 horas.
O alumnado solicitante, co seu código persoal (CPC), deberá comprobar se figura na listaxe e se as peticións son as correctas.
A listaxe figura no adxunto.
SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR PARA O ALUMNADO DO CPI DA CAÑIZA - CURSO 2022-2023
Enviado por mpparente o Mér, 29/06/2022 - 17:10
Deberán presentar as solicitudes para o curso 22-23 en secretaría, no edificio de Secundaria.
Horario de atención: de 10:30 a 13:30 horas, por orde de chegada.
FIN PRAZO SOLICITUDES: 15 DE XULLO DE 2022 (INCLUSIVE)
Entregarán as solicitudes debidamente cubertas e asinadas. (Mirar nos adxuntos as instrucións).
AVISO
Enviado por mpparente o Ven, 24/06/2022 - 22:19O LUNS 27, A PARTIR DAS 12:30, ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS DE SECUNDARIA.
