Skip to Content

Educación física

Xa comezamos de novo, chegou a IV liga de Fútbol-Sala. Como cada ano a ilusión por facer rodar o balón era enorme. Xa se irán poñendo máis datos, pero os 8 equipos masculinos e os 6 femininos que xogan ámbalas ligas prometen emoción. Esperamos estar a mesma altura ou superar o listón de anos anteriores. Saúdos.

Xa rematou o campionato de Badminton, námbalas dúas categorías.

Nos nenos Adrián P. acadou a primeira posición e Diego(6ºB) a segunda. A terceira posición foi para Dani( 6ºB).

Nas nenas a primeira posición foi para Esther, a segunda para Verónica e na terceira quedou Patricia. Todas de 5º B.

 

                                             Noraboa a todos

                                                                                           Jose

O pasado 4 de Maio visitamos ós alumnos/as do CPR A Inmaculada de Ponteareas, co gallo da celebración da derradeira xornada de dporte escolar deste curso. Nesta ocasión tocaba xogar ó fútbol-sala e balonmán. Foi unha xornada moi igualada e que finalizou cun empate, xa que os nenos/as de Ponteareas conqueriron a victoria a balonmán e nós logramola no fútbol-sala. esperemos que o vindeiro ano nos siga deparando bos resultados e sobre todo diversión.              Jose

Acaba de comezar o campionato de Badminton deste curso 2010/11. Xa vos iremos informando de como vai isto. Participan cerca de 75 alumnos/as do centro.   Jose

DEPORTE ESCOLAR NA CAÑIZA

DEPORTE ESCOLAR NA CAÑIZA

Xa rematou o III Campionato de fútbol-sala na categoría masculina. A final enfrontou aos dou sextos nun partido moi disputado. Adiantáronse os de 6º B con gol de Diego e acto seguido Xosé de 6º A conquería o empate. Logo Suso de 6º A poñía o 2-1 e na segunda parte xa rematando, Adrián P. marcaba de falta directa o definitivo empate a 2. Houbo entón que recurrir a tanda de penaltis para saber o vencedor definitivo e aí mostráronse máis efectivos os alumnos de 6º A, proclamándose campións.

Xa rematou a liga feminina de fútbol-sala. Nunha emocionante final( xa que aínda que se xogaba en formato de liguilla, as nenas de 2º Ciclo e as rapazas de 6º B gañaran tódolos partidos) que tivo goles, remontadas e moita competitividade deu como vencedoras finais ás alumnas de 2º Ciclo; xa que aínda que remataron a competición empatadas a 10 puntos, o gol-average deulle a victoria final ás peques. Lucía Afonso foi elexida mellor xogadora do torneo. Nesta semana xógase a final masculina entre os dous sextos, xa vos informaremos do resultado.    Jose

O campionato de fútbol sala chega a súa fin. Na categoría feminina hai unha loita encarnizada entre as máis pequenas do cole, o 2º CICLO de Primaria, e as nenas de 6º B. Promete moita emoción a falta de tres xornadas para que acabe a competición e aínda co enfrontamento entre ambas por disputar.                          Na categoría masculina os alumnos de 6º B e de 6º A van xogar unha final moi igualada, que promete moita loita, emoción e espiritu de superación. Xa vos informarei do desenlace.  Jose

Nos vindeiros meses de Febreiro, Marzo e Abril o CPI da Cañiza participará de novo no programa de Deporte na Escola. Iremos a xogar a Mondariz e máis a Ponteareas e faremos de anfitrións co colexio Bouza Brey da localidade pontareana. Xa iremos informando dos progresos que academos.      Jose

Distribuir contido


by Dr. Radut