Skip to Content

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Deixámosvos por aquí un vídeo realizado polo alumnado de Infantil e Primaria para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Se picades na imaxe, levaravos ao vídeo.

 

MAGOSTO 2023

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO

Deixámosvos o menú do comedor do mes de novembro aquí abaixo nos adxuntos para que poidades ter acceso a el cando queirades. 

 

Mostra dos menús de outubro.

Deixámosvos por aquí unha mostra dos menús que se serviron durante o mes de outubro no comedor escolar. 

 

Menú especial de Outubro

No cole estamos levando a cabo un proxecto sobre "A Volta ao Mundo" no que traballamos diferentes aspectos de varios países. E no comedor non ía ser menos. En outubro comezamos cos menús especiais que faremos o último venres de cada mes. E tocoulle a quenda á gastronomía de Estados Unidos. Mirade que pintaza todo, elaborado polo noso equipo de cociña. Ás de polo, hamburguesas e patacas fritidas. 

 

 

Mostras dos menús de setembro.

Por aquí vos deixamos unha mostra dos menús de setembro. Bo proveito a todas/

 

    

 

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2023

 

 

 

Estimadas familias.

Xa tedes dispoñible o menú do comedor do mes de outubro. Para velo completo, pinchade nos adxuntos de abaixo.

 

 

Menús de emerxencia no comedor.

 

Estimadas familias. Este curso contamos cuns menús de emerxencia para casos nos que a cociña poida sufrir algún imprevisto (quedar sen luz e non poder cociñar, falta de persoal...) 

Deixámosvos nos adxuntos de abaixo para que poidades botarlle un ollo.

MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2023

Estimadas familias. Co comezo do curso 23/24 o luns 11 de setembro, comezamos tamén o horario do comedor escolar. Achegámosvos o menú de setembro no anexo de abaixo. 

Recollida de libros de texto para Secundaria.

                                          

Xa están dispoñibles os lotes de libros de texto de todo o alumnado de Educación Secundaria que solicitou o Fondo de Libros. 

Poderanse recoller o luns 4, martes 5, mércores 6 e xoves 7 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 no edificio de Secundaria.

Terán que recollelos os titores legais de cada alumno/a ou ben un adulto autorizado

Distribuir contido


by Dr. Radut