Agora que xa podemos sair a pasear, facer exercicio... imos plantexar unha actividade que xa fixemos no colexio durante este curso( aparte que os nen@s que fan actividades deportivas extraescolares xa a coñecen).
Imos realizar CORE(en inglés núcleo). Esta actividade realízase para a prevención de lesións e tamén o fortalecemento da cintura pélvica( de onde saen os movementos das extremidades superiores e inferiores)-
A dinámica da actividade consiste na realización de diversos exercicios de control e tono muscular.
PREMA NA IMAXE
Para poder avaliar a actividade, hai que realizar 6 dos 8 exercicios e mandarme vídeo a través de e-mail ou whattsapp ao meu teléfono.
Por certo non esquecerse de mandar o vídeo de expresión corporal.
Jose