Xeral
A área de Educación Física non é unha escola de rendemento deportivo e con isto queremos dicir que por ter unhas boas capacidades físicas (moita forza ou correr moito) ou mesmo xogar nun equipo ou practicar algún deporte non significa ter un 10 na materia. Hai unha parte moi importante da Educación Física que ten que ver cos hábitos de hixiene como son traer e usar o neceser, lavar cara e mans despois da práctica e mesmo traer os materiais que se solicitan (malabares, patíns e proteccións…); pero tamén son moi importantes as actitudes de traballo e de respecto nas clases: saber xogar (gañar e perder), aceptar o grupo de compañeiras/os co que nos toque, prestar atención ás explicacións, respectar as instalacións e o material, respectar as quendas tanto na fala como nas actividades, aos compañeiros/as, etc.
É por iso que vos explicamos a continuación unha serie de normas da nosa materia:
NORMAS NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA.
• Non levar pulseiras, aneis, colgantes e en xeral xoias que se poidan romper ou enganchar e facer dano a un mesmo ou facerllo aos compañeiros.
• Levar o pelo recollido: coleta, trenzas, moño, diadema …. para mellorar a visión na práctica, evitar tiróns de pelo ou mancarse.
• No neceser temos que traer unha toalla pequena, camiseta para reposto, e unha botella de auga a poder ser evitando as de un só uso (serve a que xa traen ao colexio).
• É necesario traer roupa deportiva: os pantalóns vaqueiros, por exemplo, non permiten moverse con soltura e na nosa materia é moi necesario poder realizar todo tipo de movementos.
• O calzado de Educación Física é moi necesario para previr lesións nas pernas e pés (escordaduras, sobrecargas, dores variadas, etc.) co cal non debemos usar nin zapatos de rúa, nin “chanclas” e a ser posible que os deportivos teñan una sola branda o cal axudará moito a evitar as devanditas molestias.
• É moi importante respectar as instalacións: deben quedar limpas e recollidas cando rematamos de usalas, os vestiarios tamén deben quedar en perfectas condicións para os compañeiros da seguinte clase.
• Non berramos nin corremos polos corredores (pasillos) nin nos vestiarios. • Teremos a figura dos axudantes de vestiario: unha no de chicas e outro no de chicos, que irán rotando ao longo do curso, e que velarán polo cumprimento das normas.